Vídeos

O BNG lanza outro vídeo para presentar o seu novo logotipo "interxeracional"

O BNG publicou nas redes sociais o segundo vídeo da serie sobre a renovación da súa imaxe corporativa despois de 35 anos, nun contexto "interxeracional".

Nesta nova entrega, o vídeo mostra un militante histórico e a súa neta, que dialogan e valoran o cambio do logo, que o BNG dará a coñecer nos próximos días. O avó confésalle á moza que tras "trinta e pico anos vendo o mesmo e, a verdade, xa pensei que ía ser sempre igual" pero cre "co tempo novo e cunha chea de xente nova, os vellos tamén entendemos que temos que ir de estrea de cando en cando".

"Ti non es vello, es histórico" respóndelle a neta, que incide en que o importante é que "a xente saiba que somos o Bloque". TEXTO: EFE

Comentarios