Vídeos

Ramón Villares recibe o Premio Puro Cora

O presidente do Consello da Cultura Galega, académico da Real Academia Galega (RAG) e catedrático de Historia Ramón Villares recibiu este martes en Lugo o premio Puro Cora que convoca El Progreso como recoñecemento á súa traxectoria profesional. Ao acto asistiron personalidades da política, a cultura e a sociedade galega, entre eles o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ou a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro.