de actualidad
Isabel Pantoja. efe Isabel Pantoja
Opinión
COUSAS DE NINGURES 
Votacion: 
No hay votos
1

Comenza a conta atrás...

EN VÉSPERAS do Día da Hispanidade (Festividade do Pilar, padroa da Garda Civil) asistimos a un auténtico exercizo de catarse política sobre os fundamentos da democracia, a primacía da lei como dereito colectivo sobre o individuo, a integridade e o modelo territorial do Estado Español, o dereito de autodeterminación e a declaración unilateral de independencia entregada en fascículos deslavazados e sin continuidade aparente... En fin, que esta semana temos todos un empacho en materia de Ciencias Políticas como para que nos quitemos un auténtico doutorado.

Bromas aparte, estamos asistindo dun xeito claro á conta atrás do inicio, pola vía dos feitos, da aplicación do artigo 155 da Constitución para poñer remedio aos despropósitos secesionistas de Carles Puigdemont e a amalgama converxente en Junts pel Si despois da proclamación da República Independente de Cataluña cunha vixencia, en principio, de 48 segundos de vida e do xeito máis chapuceiro que se podería facer provocando o desencanto de propios e estranos e senón que llo pregunten aos da CUP e algúns de Esquerra Republicana de Cataluña así como a todas aquelas persoas que de boa fe apoiaron o procés e que saíron á rúa a reivindicalo pacíficamente, que tamén foron moitas.

Ao final o vai ser verdade que o tempo quita e da razóns e a paciencia franciscana (prudencia para uns e inación para outros) demostrada por Mariano Rajoy parece que vaille dando os seus réditos políticos a un home ao que dan sempre por morto e enterrado a medida que se ten que enfrontar, ou non, a un problema de estado. Non sei como pero ao final sempre aboia...

Nesta partida de xadrez na que todos se xogan moito (nós tamén) Mariano Rajoy non so se está a revelar como un auténtico estratega senón como un destacado orador político no Congreso

Si os falsos cantos de serea de cara á galería (comunidade internacional) feitos no Parlament por Carles Puigdemont poñían no aleiro do Goberno o seguinte turno nesta partida de xadrez, a decisión do Consello de Ministros feita pública no Congreso dos Deputados por Mariano Rajoy de instar ao presidente da Generalitat e aclarar en román paladino, negro sobre branco, si o paripé que fixo o pasado martes día 10 de outubro como máximo representante autonómico en Cataluña foi algo parecido á proclamación dunha república independente ou si pola contra da por pechado o procés e volve ao redil constitucional, volta a deixa-la pelota en mans dos secesionistas cunha data clara de caducidade: o luns ás 10 da mañá en primeira instancia e o xoves seguinte, en segunda e derradeira, antes de aplicar todo o peso do 155.

Nesta partida de xadrez na que todos se xogan moito (nós tamén) Mariano Rajoy non so se está a revelar como un auténtico estratega senón como un destacado orador político no Congreso onde na sesión de onte fixo gala dunha pedagoxía e unha claridade de conceptos que deixaría coa boca aberta a calquera docto na materia. Enarbolou unha serie de argumentos constitucionalistas, non só españois senón tamén autonomistas cataláns, así como unha erudición e coñecemento do ordenamento político europeo e do dereito internacional que dun xeito organizado e sistemático foi deslizando nunha ordenada intervención que puxo en evidencia o proceder democrático dos partidos que sosteñen ao Govern e o seu modo de proceder coa proclamación da Lei de Transitoriedade e o propio Referendo do 1-O.

Pola vía dos feitos, Mariano Rajoy parece telo todo controlado, incluso atado e ben atado cos socialistas de Pedro Sánchez que, ata o último momento, estaban facendo exercizos de quecemento pola banda sin acabar de entrar no partido ata que chegou o tempo de desconto. Tamén soubo manter a Albert Rivera, abducido como un hooligan perigoso pola rápida e contundente aplicación do 155, para evitar botarlle máis gasoliña ao lume que xa arde bastante de por sí.

Pero si hai que quitarse o sombreiro foi co toque maxistral do decreto do seu Goberno que permitiu pola vía de urxencia o éxodo programado e incitado de maneira disimulada e silente das grandes empresas e bancos do Ibex (unha imaxe serviu máis que mil palabras e que milleiros de manifestantes na rúa para desarmar os argumentos secesionistas) que abandonaron en tropel e de xeito escandaloso Cataluña deixando máis que en evidencia, desde todo punto de vista, á burguesía independentista catalá que ao berro de tonto o derradeiro foron cambiando nos seus consellos de administración o domicilio social e fiscal das súas propias empresas cara outros portos máis seguros da península ibérica facendo bo o vello lema de la pela es la pela... Ata o presidente do Barça, o señor Bartomeu, decidiu cambiar cara Aragón a dúas das súas emblemáticas empresas. Im-pre-sio-nante!

Que rápido se lles acabou a estes burgueses cataláns o seu patrioterismo financeiro cando miraron que unha cousa era predicar e outra moi distinta actuar con coherencia porque coas cousas de comer non se xoga, ou non?

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
SOUSA-POZA jueves 12 de octubre de 2017, 18:34
1

Pero que se creian estas gentes? Que el gobierno espanyol iba a hacerse el muerto y aceptar los hechos consumados? Que la Union Europea los iba a recibir agradecida y con los brazos abiertos? Que la ONU le iba a ofrecer un escanyo? Es todo de una ingenuidad insondable. No vote por Rajoy. Resiento que nunca se digne a hablar en gallego. Pero quiza lo haga en las proximas elecciones. Hay que tomar las duras con las maduras.