Opinión

Facerse un Serrat

VISTO EN Twitter: «Prefiro a morte que vivir coas atrocidades que nos fan aos cataláns. Estamos perseguidos como os xudeus foron por Hitler». Ídem: «Hai que mandar os tanques a Cataluña e poñelos no seu sitio dunha vez». Dúas visións equivocadas para unha mesma realidade. Eu teño medo polo que esta xente pensa. Só falta que actúen para que se monte un bo cristo. Prefiro ‘facerme un Serrat’ e inclínome polo seguinte: «Referendo si, por suposto, pero con todas as garantías legais. Sen odios nin mentiras nin reproches, sen un decreto lei infame, sen recorrer ao Tribunal Constitucional para evitar facer política, sen prometer unha idílica Arcadia republicana, sen evitar falar de modificar a Constitución, sen ocultar os custos económicos da secesión para ambas as partes, sen pantallas de fume para tapar os anos de recortes económicos e sociais e de corrupción política... En fin, dialoguen dunha vez, carallo! (Jo, que marabilla non ter que cinguirse aos 140 caracteres de Twitter :)).

Comentarios