Opinión

Perdas irrecuperables

ESPAÑA (nós todos) perdeu 48.000 millóns polo rescate bancario a pesar de que o Goberno reiterara que se trataba dun investimento que incluso acarrearía ganancias. Iso si ocorreu en Estados Unidos, que fixo negocio co asunto, todo o contrario que aquí, que foi ruinoso. E todo porque primeiro os socialistas negaron ata que a evidencia foi incontestable unha crise virulenta, e a carencia de medidas en tempo, cando aínda se podía, provocou que agora sexa irrecuperable gran parte do aportado (o 77%, case nada). E logo porque os populares cometeron erros de diagnóstico. Por uns e outros, aquí chegamos, con perdas millonarias irrecuperables. Se a agresividade xudicial existente con Cataluña, con acusacións grosas, fose igual neste caso podiamos ter uns cantos políticos inhabilitados e co patrimonio perdido por tomar decisións que provocaron perdas millonarias para todos os españois.

Comentarios