Opinión

O risco dos excesos xudiciais

NA GUERRA dise que todo vale, desde as armas de destrución masiva, aínda que estean prohibidas, pero úsanse igual, ata a información distorsionada ou calquera outra dunha completa gama que poida malferir ao rival con tal de vencelo. España e Cataluña están metidos de cheo nun combate con armamento xudicial inclinado claramente cara unha parte por estar dotada de maior arsenal, pero nun conflito bélico historicamente está demostrado que o derrotado é mellor que caia con honor, porque un abuso no triunfador pode logo serlle prexudicial. Unha imaxe que reflicta 700 alcaldes detidos sería a peor das vitorias, a mellor fotografía para o independentismo, incluso superior ao requisamento de urnas ou papeletas de votación por parte das forzas de seguridade. Véndose un combatente superior a un rival corre o risco de excederse, e así unha vitoria absoluta pode revirárselle.

Comentarios