de actualidad
foto Donald Trump
Opinión
TÍA MANUELA 
Votacion: 
5 (7 votos)
0

Seguimos no Camiño

SENDO CERTO que o ano 1993 foi de enorme importancia para todo o relativo ao Camiño ou Camiños de Santiago, hai que recoñecer que houbo accións, feitos, estudos, e traballos de todo tipo, de moita xente que, de forma voluntaria, participaron nas brigadas de defensa e de apoio ás rotas xacobeas, nos distintos países de Europa e nos diferentes ámbitos do entender, interpretar e saber. Foron moitas persoas e colectivos, agrupacións e institucións que colocaron voluntariamente e asentaron, paso a paso, as bases para o desenvolvemento dun proxecto colectivo que o chantadino (de Taboada), Víctor Manuel Vázquez Portomeñe soubo guiar pala senda da dinamización socioeconómica e cultural, marcando claramente, con aquel Xacobeo, un antes e un despois.

Estamos, pois, en tempos para recordar, para repensar e seguir avanzando e mirando para adiante

Antes, en 1987, no mes de setembro, desenvolvese en Jaca, na provincia de Huesca, o Primeiro Congreso Internacional do Camiño de Santiago, liderado por un galego, un cura da montaña de Lugo, doutor en Dereito, Elías Valiña Sampedro, do Cebreiro. Naquel Congreso marcouse, como un dos obxectivos inmediatos, potenciar as asociacións xacobeas e aí temos a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Galicia (AGACS) que este ano conmemora o vinte e cinco aniversario do seu nacemento. Noraboa!

E, parabéns tamén para os centos de asociacións que hoxe existen en tódolos recantos de Europa e de medio mundo, favorecendo o camiñar do mesmo Camiño e lembrando que "faise camiño ao andar". O 23 de outubro dese mesmo ano, o Consello de Europa declara ao Camiño de Santiago Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Foi precisamente nunha reunión celebrada en Santiago de Compostela e foi como o recoñecemento de que o Camiño era e seguirá sendo quen dea consistencia á consolidación da Europea solidaria e unida.

Estamos, pois, en tempos para recordar, para repensar e seguir avanzando e mirando para adiante. A sociedade galega e toda a sociedade xacobea, que é ben sabido que non coñece fronteiras; as autoridades en xeral, os promotores culturais, os dinamizadores do turismo e da economía, os académicos, estudosos e tódolos lectores deste xornal saben que hai moito camiño andado e moito aínda por andar. Como dicía Antonio Machado "nin morreu o pasado, nin está o de mañá —nin o de onte— escrito". Xa que logo, seguimos no Camiño.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.