Opinión

Incertezas políticas

A INCERTEZA domina o panorama político. Ben é certo que non tanto coma o ano pasado, no que se chegou ao mes vacacional por excelencia sen saber se se podía formar goberno en España ou había que acudir a novas eleccións. E en Galicia os comicios de setembro ben podían deparar cambios profundos ou continuidade, como así ocorreu. Este 2017 non hai tanta inquedanza, pero non está claro que a lexislatura se prolongue outro ano máis, se Rajoy non consegue aprobar os orzamentos do 2018, as enquisas lle son favorables para mellorar os resultados ou ben intúa que poida haber unha moción de censura con visos de prosperar. Os achegamentos do novo PSOE aos partidos emerxentes facilitan outra vía de desasosego para o Goberno, inesperado antes das primarias socialistas e que representou un xiro radical nas relacións. Nesta política inestable, o futuro está cheo de dúbidas.

Comentarios