Opinión

Axuda en avanzar cara a normalidade

IGUAL QUE un veciño en tempos hostil que vai dar un pésame é recibido en parte con agradecemento e por outra con desdén, os herdeiros de Herri Batasuna non atopan unánime acollida na familia popular, na que uns recoñecen o xesto e outros séntense incómodos e incluso apupan a quen amosa os seus respectos.

Certo é que Miguel Ángel Blanco simboliza a perda do medo a Eta, o punto de inflexión no que a sociedade empezou a derrotala hai vinte anos, pero o terrorismo deixou un millar de mortos, e para as súas familias cada un deles é o máis importante, tanto se foi representante público como anónimo nun atentado indiscriminado.

Quedan feridas abertas e moita dor, como ocorre aínda con quen non pode honrar os seus mortos porque nin sequera sabe en que cuneta están, pero que o enfrontado vaia á casa da familia que celebra o cabodano dun ser querido axuda facilitar a normalidade.

Comentarios