de actualidad
Marine Le Pen Marine Le Pen
Opinión
A TECELÁ EN OUTONO 
Votacion: 
5 (7 votos)
1

Ladrón pobre, ladrón rico

SEGUNDO O dicionario da RAG, ladrón, ladroa ou ladra é a persoa que se apodera do alleo. Esta palabra debería baleirarse en boa parte do seu significado ao ir acompañado do adxectivo ‘pobre’ e intensificalo cando o adxectivo é ‘rico’. Mais sucede o mesmo que cos bebedores que, como canta nunha ‘baguala’ Atahualpa Yupanqui, «el rico le dice al pobre/calavera y chupador: /el rico liba en su mesa/y el pobre en el mostrador».

Moitos dos que agora están entre reixas por roubar dun ou doutro xeito o erario público, tamén vían a palla no ollo alleo e acusaban ao pobo de vivir por riba das súas posibilidades. Eles eran os que vivían por riba das posibilidades do pobo.

De ladróns pobres sabía abondo Xulio Campo, o meu avó paterno. Eran algúns dos que viñan de lonxe, dacabalo ou camiñando, mercar no seu comercio do Val do Mao. Alí había de todo (de todo o que había naqueles comezos do século XX). Vendía moito, entre outros motivos porque fiaba sen exixir garantías de ningún tipo e, obviamente, non era doado competir con el. Deixando á parte os que endexamais saldaron as súas débedas, xentes de trinta quilómetros á redonda que a miúdo non volvía ver, non eran poucos os que se aproveitaban da súa bondade e boa fe naqueles tempos de escaseza. Da súa boca e da do meu pai teño escoitado anécdotas ben significativas.

Seica nunha ocasión, tras atender a un cliente, convidou-no como tiña por costume a un viño. O home, unha vez que enviou o contido, gardou con disimulo o vaso no peto. Cando o avó se decatou, mandou a meu pai, que era un neno, reclamarlle o roubado. Non polo valor do obxecto, senón pola burla con que agradecera a confianza de lle fiar e mais o trato recibido. O conto é que o home camiñaba de présa e o neno non desistía no empeño de atallalo. Nun punto detívose, tirou o vaso do peto, e dixo: «Mira que vir até aquí por un vaso». E meu pai confesaba ter sentido máis vergoña que o ladrón. Pero argallou, xunto co meu tío Pepe, unha pequena vinganza anos despois. Nunha caixa en que se podía ler ‘Jabón espumoso y oloroso’, meteron excrementos de cabalo e deixárona riba do mostrador. A caixa desapareceu co xa coñecido raspiñeiro.

Non sei se foi o mesmo que, chegado no coche de liña un empardecer de treboada, tendo varias leguas de camiño por diante, foi convidado a durmir na casa. Pola mañá seguía caendo auga a cachón, mais o individuo saíu co paraugas pregado e sospeitosamente reenchido. Cando foron ao cuarto atoparon a explicación: desapareceran as sabas.

Se non xustifico, comprendo a quen carecía de cousas tan básicas. Porén, danme noxo os que, tendo moito, aínda queren máis.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
SOUSA-POZA viernes 28 de abril de 2017, 16:51
1

Pues ya ves, Marica: yo sospecho que el titulo de este articulo esta apoderado de "rich man, poor man".