Opinión

Tempos de amizade

SON tempos de facer amigos. Así o recoñece Rajoy diante da matemática parlamentario que o sitúa a 39 deputados de non ter que contar con ninguén. Amigos, en plural, pois os 32 de Cs son insuficientes segundo para que cousas, como os orzamentos. Xa van dúas adversidades rechamantes no Parlamento, que non permitiu a convalidación do decreto lei sobre a estiba e validou o trámite para derrogar a lei mordaza de Fernández Díaz ao fronte de Interior que permite o castigo preventivo ante o temor da comisión dun delito. Pero como observa con perspicacia o presidente do Goberno, é ben distinto a cando tiña maioría absoluta e o mesmo ministro anterior podía conceder a medalla de ouro ao mérito policial á virxe María Santísima do Amor ou a gran cruz da Garda Civil á virxe do Pilar, se supón que polas súas achegas á seguridade do país. Eran excesos doutros tempos de maiorías.

Comentarios