de actualidad
Marco Asensio Marco Asensio
Opinión
 
Votacion: 
No hay votos
1

O noso derbi

CÓMPRE RECOÑECERMOS o mérito cando sabemos facer as cousas ben. Neste senso, o clima de amizade e concordia acadado nos nosos derbis fala ben do civismo e do patriotismo de ambas as dúas afeccións. Nestes últimos anos, facendo parte dunha gran remuda xeracional, aquela violencia, aquela intolerancia ficou atrás. Os vellos localismos foran potenciados aposta para evitar a unidade entre galegos. Así foi no franquismo e así fixeron na transición caducos españolistas como Leri ou Paco Vázquez. A reivindicación dunha Coruña ou dun Vigo paifocos e illados do resto de Galicia percuraba, en realidade, neutralizar o desenvolvemento da nosa conciencia como País. Velaí como a non doada institucionalización da previa cantando xuntos o Himno Nacional, ou o costume san de irmos xuntos de troula deportivistas e celtistas visibilizan que son moitas máis cousas as que nos unen. E que só nos separa nada máis-e nada menos- que distinto amor futbolístico. O que non impide querermos e respectarmos antes, durante e despois do partido. A aperta entre Anxo e Roque no anuncio 'Imposible sen ti' fai máis pola idea de País ca media ducia de mitins galeguistas dirixidos aos de sempre.

No deportivo, o derbi debeu rematar en empate. Mais o Celta aproveitou a única oportunidade mentres o Dépor perdeu a única súa. Iago Aspas decidiu e o de Moaña voltou amosar que lle falta en deportividade o que ten a moreas en calidade futbolística. Nesta caste de derbis as provocacións están de máis. Galicia semella ter integrado xa a rivalidade futbolística no seu ADN, vivindo en galeguidade e amizade o que até hai poucos anos eran eventos de división e enfrontamento.


A ARRINCADEIRA: ESCOCIA. Escocia pronunciouse en xuño pasado nidiamente contra o Brexit (62 vs 38%). Europa é para a maioría dos escoceses unha aposta de integración e desenvolvemento, coñecedores de que a conservadora Inglaterra prioriza a desregulación laboral ou ambiental fronte ao fondo sentido comunitarista dos caledonios. A' first minister' nacionalista, Nicola Sturgeon, vén de anunciar un novo referéndum de independencia cara fins do 2018 ou primeiros do 2019, intrepretando a xeito o fondo malestar dos seus compatriotas a respecto do Brexit.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Independiente lunes 20 de marzo de 2017, 20:05
1

Aspas siempre celebra los goles besando el escudo. En este caso, lo celebra en la porteria donde mete el gol, besa el escudo y se queda quieto. No hace gestos de menosprecio ni nada parecido, solo se queda quieto. Eso es comportamiento antideportivo?? Vamos hombre, otra cosa seria si hiciera costes de manga o gestos de menosprecio. Es Riazor, mires a donde mires son aficionados del Coruña. Es que ni siquiera se puede celebrar un gol? Lo provocativo es que Aspas marque un gol en Riazor, no que lo celebre.Mas antideportivos son los insultos que le dedico la grada desde el minuto 1: Iago acaba la ESO.