Opinión

Descubertos por seguridade

MARROCOS PROHIBE fabricar e vender burkas baseándose en motivos de seguridade. Independentemente de se é denigrante ou non para quen se cubre cun velo integral –sería para discutir días enteiros–, non levar a cara descuberta dificultaría o esclarecemento dun delito en caso de ser cometido. Ou visto desde outro lado, facilitaría infraccións, como ocorreu en Marrocos. Na España do XVIII a prohibición de utilizar vestimentas que ocultaban o rostro polo risco que representaban, como a capa e o sombreiro de ala ancha, orixinou unha masiva protesta coñecida como Motín de Esquilache, polo apelido do restritivo ministro. Aínda que agachaba outras queixas, con prohibicións como estas soen brotar descontentos polos cambios nos costumes, pero ir embozado pode complicar a convivencia xa que estar completamente tapado atemoriza, ao mellor agora tanto como na época.

Comentarios