Opinión

Socavar tamén desde dentro

CONSEGUIR INFORMACIÓN comprometedora de alguén para chantaxear ou destruír a reputación é unha manobra usual en política. O kompromat, término nacido na Rusia soviética, é un recurso do que ningún dirixente prescinde porque serve tanto para socavar a credibilidade de rivais doutros partidos como a de inimigos internos no propio. A utilización de información sensible por parte de Rusia foi determinante para as eleccións que levaron a Trump á Casa Branca porque debilitaron á candidata. En Galicia unha fotografía de Quintana no barco dun construtor ou a de Feijóo noutro en compaña dun narco son exemplos desta recorrente técnica. E na Marea empregouse o kompromat para visibilizar que o candidato á Xunta reclamaba secretario, chofer e compensación económica, pero aquí a información non foi externa, senón de dentro. Vellos subterfuxios na nova política.

Comentarios