Opinión

Quédanos a primitiva

A DECISIÓN do maxistrado Alfonso Guevara de levar ao cárcere aos xestores de Novacaixagalicia sorprendeu a moitos. No seu auto especifica que executa a pena privativa de liberdade por non satisfacer as responsabilidades civís esixidas —isto é, o diñeiro, neste caso algo máis de 10 millóns de euros—, aínda cando a condena non supera os dous anos e ningún ten antecedentes penais. Isto acolloará no futuro aos ladróns de luva branca? Francamente, non creo. É máis, se preguntásemos á xente na rúa se estaría disposta a perder dous anos da súa liberdade —que sempre quedan en menos— por ver solucionada a súa vida e a dos seus, a resposta coido que sería afirmativa na maioría dos casos. Outra resposta daríamos se tivesemos que reintegrar o sacumado, non si? Teñamos sentidiño. A xente corrente non temos acceso a traballar con millóns de euros, paraísos fiscais, contas opacas e outras trapalladas. Entón, que esperanza nos queda? A primitiva, claro.

Comentarios