Opinión

Ofensas ou liberdade de expresión

PASAMOS A vida oíndo chistes de galegos, e sempre para deixarnos como palurdos. E nunca pasou nada. Pois eu ás veces síntome agredido cando os oio. É a broma fácil de recorrer aos nados aquí en vez de, por exemplo, en Albacete ou Valladolid, ou simplemente ao xenérico persoa; igual que Lepe é a vila na que todo pasa no universo do choteo. Pois resulta que calquera se pode burlar dos millóns que somos, e non por iso ser procesado por un delito de odio, pero que non se lle ocorra facer un chiste sobre Carrero Blanco porque pode ir ao cárcere por enaltecemento do terrorismo, aínda que o protagonista da mofa fose xefe dun goberno ditatorial. A Fiscalía xa elevou a petición. Tampouco se poden facer coñas sobre o Valle de los Caídos ou Franco, porque algunha asociación franquista, que aínda están permitidas, pode denunciar. Depende como e quen interprete a liberdade de expresión.

Comentarios