de actualidad
El presidente de Turquía, el islamista Recep Tayyip Erdogan Recep T. Erdogan
Opinión
 
Votacion: 
No hay votos
0

Globo sonda

NON VAI ser a primeira nin a derradeira vez que un Goberno lance un globo sonda informativo para ver a reacción da opinión pública diante dunha medida que, por regra xeral, vai afectar ao peto de moitos cidadáns. O último exemplo desta táctica foi a entrevista nunha radio pública á ministra de Sanidad, Dolors Montserrat, na que dixo que se ía estudar un aumento do copago farmacéutico aos pensionistas que cobran máis de 18.000 euros ao ano. Logo de provocar unha reacción en cadea de críticas que nin os voceiros do PP conseguiron conter, a ministra tentou horas despois apagar o lume desmentindo a medida a través dunha rede social. Sen embargo, para entón o obxectivo do globo sonda estaba conseguido, porque no fondo o que se buscaba era remover conciencias nunha sociedade que perdeu poder adquisitivo durante a crise para que asumise a posibilidade de que aqueles pensionistas con rendas altas colaborasen máis na factura farmacéutica.Claro que a ministra agochou varios aspectos clave: que se trata dunha parte da poboación que pagou dabondo ao longo da súa vida laboral as medicinas que consume, que é un sector de usuarios da sanidade que polo seu deterioro físico máis fármacos necesita e que o grupo de pensionistas máis amplo e máis afectado pola suba do copago é o das rendas medias e non o das altas.Iso si, unha vez preparada a fórmula maxistral, só queda deixala macerar, e senón ao tempo.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.