Opinión

Posibles alianzas

ANTES do 20-D non estaba tan claro como agora. Cando se celebraron as pasadas eleccións, nas que xa demoscopicamente se albiscaba a división actual, a novidade non permitía aventurar os pactos que podían vir. Desta volta as posibilidades minguan. Imos ver. O PP quere pactar en primeiro lugar con Ciudadanos, e se entre ambos os dous non suman, contar co PSOE. O PSOE xa subscribira un acordo con C’'s que pretende reeditar e que se una Podemos, pero sen nada a cambio. Podemos, agulletado primeiro con outras confluencias autonómicas e agora con IU, aposta por unha coalición gobernamental co PSOE. E a C’'s dálle igual achegarse a PP ou a PSOE, ou incluso un trío, porque ve a Podemos como rival común dos tres. Esas son as posibilidades, todo dependerá duns miles de votos, porque unha presada de deputados determinará a concorrencia cara unha ou outra beira.

Comentarios