Opinión

Tres eleccións en dez meses

PODÍA aforrarnos Feijóo unha convocatoria electoral se fixera coincidir as galegas coas españolas. Pero avaliado pros e contras, é lóxico que chegara á conclusión da inconveniencia. E iso que agora sería o mellor escenario para el, co PSOE galego desmembrado, sen líder e á procura de identidade; as mareas sen candidato e debatendo o modelo organizativo, e o BNG intentando saír do foso no que caeu logo das xerais. Pero Feijóo entendeu que a súa campaña para revalidar a presidencia en Galicia non podía solaparse coa de España, onde Rajoy é o político peor valorado e o partido está estigmatizado pola corrupción. Aínda que sexa o que aglutine a maior fidelidade, con millóns de persoas que o votan cometa as torpezas que cometa e presente a quen presente, ir da man do PP e de Rajoy coincidindo xerais e autonómicas sería unha rémora para Feijóo. E por iso as eleccións non son o mesmo día.

Comentarios