Opinión

A violencia machista non mingua

A EVOLUCIÓN SOCIAL cara á igualdade está lonxe de culminar. O machismo sigue imperando. O seu estremo violento dos homes contra as mulleres non decrece. As frías estatísticas non poden recoller todos os casos, porque unha manchea delas non denuncia, pero o número de mortas en España no que vai de ano a mans das parellas arrepía. Case 50, unhas cinco por mes. E outro dato espantoso, cada sete horas unha muller é violada. Non me gustaría ser negativo, pero estas cifras non chaman á esperanza, e menos cando as novas xeracións reproducen ou incluso acrecentan os estereotipos de superioridade masculina. Horroriza comprobar que as rapazas acepten que os mozos lles controlen os móbiles e o xeito de vestir, porque iso é unha forma de machismo que nada ten que ver co cariño, por moito que elas o entendan así e vexan os celos como xesto supremo de amor.  Aí comeza todo.

Comentarios