Opinión

Seducir

EN POUCOS MESES dúas políticas de polos case opostos recorreron ao mesmo verbo na súa intención de atraer contrarios. Dixo Manuela Carmena, ao pouco de ser elixida alcaldesa de Madrid, que o seu reto é seducir aos que non a votaron, e Inés Arrimadas, a responsable do principal grupo de oposición no Parlamento catalán, pretende seducir os independentistas cun novo proxecto de España. Está na mesma idea que defendera hai nada o vicepresidente das cámaras de Comercio de Cataluña, porque só vía dúas saídas, refundar ou fundar, isto é, cambiar o país ou cambiar de país. Porque o inmobilismo e o encastelamento en posicións maximalistas non solucionan problemas, senón que os agravan. Non vale só pensar nos que os apoian, aínda que teñan maioría absoluta, senón tamén nos outros, que sempre son máis, se se contan os votantes contrarios e os abstencionistas.

Comentarios