Opinión

Novo escenario, e non só para Grecia

A DÉBEDA grega é impagable. Entón para que poida subsistir no Eurogrupo e devolver en parte o deixado non hai máis solución ca unha quita e unha moratoria. Así o consideraba xa antes do referendo o FMI, pero non o planteou por escrito porque se atopaba no medio dunha guerra política, non económica, unha loita dos liberais mandatarios da Comisión Europea contra un Goberno heleno contestatario que sementa outro xeito de xestionar e que podería xermolar noutros países. Tsipras lanzou o órdago do referendo porque non lle quedaba outra para vender coma vitoria o seu enfrontamento coa troika que o levou a gañar as eleccións de hai seis meses. Non lle deixaron alternativa porque aceptar sería claudicar e así aceptar a derrota, para iso prefería que os cidadáns que o levaron ao poder llo quitaran antes ca renderse ao directorio. Gañou, e agora ábrese un novo escenario, e non só en Grecia.

Comentarios