Opinión

O ceo de Lorix

SÓ HAI unha cousa á que  teman os galos. A que o ceo lles caia sobre as  súas cabezas. Se na vida só tes ese medo poucas cousas malas pasarán. Os galos de Lorix, así autobautizados dende a patada de saída do partido electoral, tiñan nesa crenza a súa fe principal para atravesar a campaña, desta vez máis chea de perigos ca nunca. Pero Lorix era consciente de dúas cousas.

Unha, co seu modelo de cidade era un pasaporte cara a vitoria, e que só había que telo ben suxeito para chegar ao éxito. E a outra, a ausencia de rivais que puxeran en perigo o feito polo seu grupo municipal.O único do que se trataba era de deixar pasar o tempo sen facer moito ruído, incluso dándose unha volta por Manhattan. Canto máis tempo os deixase sós mellor lle ía a saír a campaña. O ceo seguiría no seu sitio e os humanos amosarían as súas debilidades. O PSOE de Agustín Fernándeztiña o reto en si mesmo, non en desafiar a Lores, e abofé que o superou. Manter eses tres concelleiros é moi meritorio e avala o feito polo partido nas súas áreas de goberno.

Os  novos:  Marea  Pontevedra, Cidadáns, Tod@s por Pontevedra e Compromiso por Galicia tiñan en entrar na corporación o seu éxito, tampouco a disputa con Lores. Os dous primeiros o acadaron e para eles chegará un tempo novo. Agora ao que lle queda un viacrucis é a quen si que se medía con Lores, un PP que non se da conta de que mentras se dirixa dende Santiago o que se fai en Pontevedra seguirá en caída libre.


Os sete concelleiros son un resultado nefasto pero non moi afastado do que apuntaban as enquisas, co cal adiviñábase xa que nin candidato nin lista espertaban o interese dos propios electores do PP, sempre fieis coas súas siglas. Ata que o partido non asuma que para pelexar con Lores hai que ter un candidato que poida contrarrestar o peso do alcalde todo seguirá como ata agora, ou peor, menos mal que o ceo non caeu sobre ninguén. Ou si?

Comentarios