Opinión

Que nos goberne Kiko Rivera

NON VOU caer na pedantería de manter que en televisión só vexo os documentais de La 2, pero o que si poido asegurar é que me sublevan os ‘reallities’ que tantos afeccionados teñen, e tan fieis que incluso critican que se elimine a súa emisión por un accidente aéreo con ducias de mortos. Son espazos que nalgúns casos ocupan unha parte da grella en horario de máxima audiencia a pesar de que só tratan da vida de Belén Esteban, famosa por casar e ter descendencia cun toureiro; Matamoros, coñecido por falar da vida dos demais; Chabelita Pantoja, nai precoz e filla de quen é, e así uns cantos persoeiros máis que pasan polos platós para entreter unha audencia ávida de saber as miserias de xente desta ralea que engrosa a carteira a conta de espectadores que amosan as preocupacións e o nivel deste país. Se son maioría, que nos goberne Kiko Rivera, que é o que merecemos.

Comentarios