O Consello de Ministros autoriza a Fomento a licitar as obras

O tramo Pontevedra-Cerponzóns do TAV suporá un investimento de 74 millóns de euros


Etiquetas: TAV, ferrocarril, Fomento

04/04/2008 - (Pontevedra)

O Consello de Ministros autorizou onte ao Ministerio de Fomento a licitar as obras do subtramo Pontevedra-San Vicente de Cerponzóns, pertencente ao Eixo Atlántico Galego de Alta Velocidade. O orzamento de licitación ascende a 74.163.613,97 euros e o prazo de execución é de 40 meses.

Con esta autorización complétase a licitación da totalidade do Eixo Atlántico comprendido entre Vigo e A Coruña, exceptuando os 2,5 quilómetros de entrada á cidade olívica.

O subtramo forma parte da variante Pontevedra-A Portela, de 11,5 quilómetros de lonxitude, que enlazará Pontevedra coa variante de Portas e Vilagarcía de Arousa con dobre vía e características propias de Alta Velocidade, dando así continuidade aos restantes tramos do Eixo Atlántico xa proxectados con parámetros similares.

O subtramo Pontevedra-Cerponzóns ten unha lonxitude de 6,8 quilómetros e comprende a chegada a Pontevedra polo norte da liña de Alta Velocidade. As obras consisten na duplicación da liña ferroviaria actual, excepto nun pequeno tramo en variante na contorna do río Lérez. "Evitouse, no posible, as afeccións a vivendas á conta de restrinxir as características técnicas na aproximación á cidade de Pontevedra", sinalan portavoces do Ministerio de Fomento.

Como obras singulares destacan o viaduto de San Benito, dun ancho de 94 metros, que une a urbanización de Monte Porreiro coa parroquia de Lérez. Salva o río sen apoios na canle cunha ponte pórtico de tres vans de 55, 76 e 32 metros.

"O viaduto terá unha célulsa trapecial baixo o primeiro van e unha triangular baixo o terceiro", sinala o citado departamento ministerial. Engade que o taboleiro é un caixón mixto de 3,25 metros de canto, con pilas inclinadas complexas e que o viaduto, que se sitúa a 50 metros ao leste da ponte actual do ferrocarril, enlaza cun novo túnel de 306 metros de lonxitude ata a rúa Médico Ballina".

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>


Fotos