Cultura profesional


Etiquetas: José Pereira

05/09/2010 - José Pereira

Todas as actividades da vida teñen unha vision e un facer profesional e outro máis afeccionado. Seguro que se se paran a pensar un pouco descubirán que teñen amigos que lle pegan ben á carpintería ou á construcción, pero aos que nunca lles confiarían a reforma da súa casa. Isto, necesariamete vai relacionado cos custes. Ao noso amigo poderiamos pagarlle cunha boa cea pero un profesional só atende a un orzamento e a unha factura pagada. Sen embargo, xurde un problema diferente cando falamos de actividades que se desenvolven no eido cultural e do ocio. Nestes casos, caemos no erro frecuentemente de pensar que non hai profesionais da cultura e que a industria cultural é unha industria menor que non precisa ser pagada. Esta é a filosofía que se esconde detrás da piratería e da falta de profesionais nestas actividades de ocio. Voulles poñer un exemplo que tentará explicar a importancia da profesionalización do sector. Neste verán, nas festas da Peregrina, celebrouse unha magnífica Batalla de Flores. Xa hai varios anos que acontece, pero este ano foi no que eu o notei máis. Unha boa parte dos participantes no espectáculo non eran persoas con boa vontade que, dun xeito altruísta, tentaban que todos o pasaramos ben. Nesta ocasión eran profesionais do espectáculo, cun guión ben marcado e con miles de piruleta visuais que fixeron que gozáramos dunha tarde de agosto ben animada. Descoñezo o orzamento da Batalla, pero necesariamente tivo que ser máis alto que noutros anos. Pero ao meu parecer, pagou a pena. E digo isto pensando en dúas cousas: o resultado final e na responsabilidade das insitutucións de reactivar a economía na maior parte dos sectores posibles. Isto é só un exemplo do que xa ocorre, pouco a pouco, nas industrias culturais. Por exemplo, unha das maiores industrias da comarca de Noia é a súa orquesta, a París, que factura ao redor de dous millóns de euros cada verán. Estas grandes orquestas, como a citada París de Noia ou a Panorama, lles custan a cada comisión de festas entre os 12.000 e os 24.000 euros por sesión, pero garanten un público numeroso e fiel. Hai poucos días a Fundación Caixa Galicia publicou un traballo de varios autores sobre as indutrias culturais en Galicia. Neste interesante traballo fálase do ocio, da música, do teatro, do audioviual e da literatura entre outros. Faise unha fotografía da situación actual, acompañada dunha interesante reflexión sobre as conductas dos cidadáns cara o consumo cultural e, sobre todo, a actitude dos empresarios e profesionais cara o seu traballo. Cada vez teñen menos cabida os malos profesionais, que pretenden que as institucións –chámese Xunta, concello ou Goberno Central- financien a súa obra polo mero feito de ser unha creación. Eu considero que a política de subvencións é un arma de dobre filo. É necesario que as institucións aposten por proxectos de interese para a condición humana aínda que nun primeiro momento non teña unha repercusión económica clara. Sen embargo, tamén coido que que non todo é de interese para a condición humana. Polo meu traballo teño que valorar moitos proxectos ao longo do ano e asegúrolles que moitas cousas das presentadas non merecen ningún tipo de axuda pública. Desculpen se son moi radical no tema, pero hai que diferenciar a tomadura de pelo dos proxectos profesionais.

2'3 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>