Política
O Centro Democrático Liberal toma impulso no seu I Congreso Federal
21/06/2010 - Galiciaé
O I Congreso Federal galego do Centro Democrático Liberal (CDL), partido socio da terceira forza política europea. Os liberais demócratas, na reunión celebrada o pasado 19 de xuño no Hotel Coia de Vigo, escenificaron a incorporación do partido CCU de Ángeles Durán, que pasou a formar parte da Executiva Rexional como Secretaría de Acción Política. Tamén debateron e aprobaron o futuro modelo organizativo da formación para a Comunidade e para rematar elixiron aos órganos de dirección.
José Manuel Palacín Y Rodríguez resultou elixido con todos os votos dos compromisarios salvo a súa propia abstención como Presidente do Centro Democrático Liberal en Galicia.
Con este acto este partido centrista, que viu quintuplicarse a súa afiliación nun ano, toma impulso de cara ás municipais. De feito José Palacín anunciou aos presentes a resolución da a súa formación de acudir ás municipais pola cidade de Vigo e seguramente Pontevedra.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.





