“O entroido sofre en Galicia”

Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Entrevista | Miguel Vila | Escritor e crítico gastronómico

“O entroido sofre en Galicia”


Etiquetas: entroido, festas

Manuel Jabois (Pontevedra).

A Concellería de Festas de Pontevedra deu onte o seu particular pistoletazo de saída ao Entroido, tralos cigarróns do fin de semana, cun ciclo de conferencias sobre o carnaval e os seus costumes. O escritor e crítico gastronómico Miguel Vila, autor de numerosos libros sobre a tradición culinaria e Premio de Xornalismo Álvaro Cunqueiro en dúas ocasións, foi quen abreu a tanda no Café Moderno de Caixa Galicia.
Fala vostede da mesa do entroido, nin máis nin menos.
–Si, da gastronomía típica do entroido en Galicia. O porco é sen dúbida o prato forte en toda Galicia. Pode recibir o prato de porco diferentes nomes, pero ao final a preparación ven a ser máis ou menos a mesma. Hai xente que fala de laconada, lacón con grelos, cacholas, cacheiras, cocido... A esencia é a mesma.
En Galicia dáselle unha importancia suprema á comida en época como o entroido. ¿Pódese dicir que tanta importancia ten o disfraz como a gastronomía?
–Iso é evidente. O entroido galego ten unha parte gastronómica fundamental. Agora os temas da Cuaresma xa non son tan estrictos como eran antes, que eran superestrictos en moitas zonas de Galicia. Había cita obrigada na casa antes das doce da noite do martes de entroido para acabar con todo o lacón, chourizo, ourella e cachola que se puxera na pota, porque a partir de esa hora non se podía comer xa máis carne.
Menuda papadela.
–Si, si. Chégabase ao extremo de pegarse esa gran panzada nocturna para que non sobrase nada.
Cal é a orixe da tradición do porco en Galicia?

–¡Iso está por saber aínda! Sempre temos tendencia a pensar no tempo máis inmediato, e sempre falamos do exceso da Cuaresma e demáis... Segundo teño entendido, a cousa non é así. Xa na época dos romanos, a finais do inverno (aínda que tamén en inverno) había grandes festas e grandes comilonas. Posiblemente dese desenfreo pagano veña a Cuaresma cristiana. Parece ser que incluso nos primeiros anos das Igrexa cristiana non existía Cuaresma, e cando a instituiron era só un período de corenta horas, e non corenta días. O entroido pode ter un orixe pagano e de procedencia romana.
Que é o entroido?
–Evidentemente non é un baile de disfraces como nalgunhas sociedades urbanas interpretouse nalgún tempo. Non é un desfile de carrozas. O entroido é algo que se leva dentro: é un espíritu. Ti podes levar calquer cousa. O importante é a actitude transgresora, onde se ataca o establecido, critícase, faise sarcasmo da autoridade. Ése o entroido que está sufrindo en Galicia, e que perde do carnaval que nos vén de fora e que domina o noso país salvo excepcións.

21/01/2008

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Fotos


Buscar + información sobre




Publi


Diario de Pontevedra
Rua Lepanto 5, Pontevedra · Tlfno: 986 011 100
Grupo El Progreso