Lingua
16/05/2010 - Adrián Rodríguez
Alingua espertaba polas mañás con ganas de falar. Víase con forzas, durmía ben, quería comer o mundo. Viaxaba por toda Galicia e emprestaba palabras, metáforas, tacos e frases feitas, pero tamén ía máis aló: chegaba a casas extranxeiras en Suíza e Arxentina, a conversas entre paisanos nunha rúa de Madrid ou de San Sebastián, a correos electrónicos que nunca eran spam. A lingua espertaba polas mañás con ganas de falar e, nos descansos para o café, lía os xornais. Pasaba unha folla e torcía o morro, pasaba outra e o mesmo. Apropiábanse dela ou desprezábana, así non había maneira. A lingua espertaba polas mañás con ganas de falar e trataba de ignorar todo iso. Decidía quedar na casa e estudar. Lía a Luis Rei, a Vázquez Pintor, a Ferrín e a Rivas, non lle facía falta máis. A lingua espertaba polas mañás con ganas de falar e repasaba o diccionario para non esquecer nada, nin sequera as expresións doutro tempo, non fora a ser que alguén a puxera a proba, a ver, riquiña, a que non sabes como se di... A lingua espertaba polas mañás con ganas de falar e vía manifestacións, discursos e incluso tipos que empregaban o seu nome en van, dicindo que non estaban na súa contra cando o único que facían era machacala. A lingua espertaba polas mañás con ganas de falar. Ó final, os que falaban eran os outros.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#1 Por lapetisa 18-05-2010 22:49
Estoy muy de acuerdo con el artículo. Creo que es importante reivindicar el uso del gallego con normalidad, sin que tenga que ir asociado a posiciones políticas determinadas. Pero para que esto sea posible es necesario, primero, que estemos capacitados para hablarlo y leerlo con la misma competencia que el castellano. Las medidas que el gobierno gallego está tomando en contra del gallego no ayudan a este objetivo, y en una situación así no hay que patrimonializar la defensa del idioma, pero si -hablemos normalmente gallego o castellano- defenderlo de los ataques, porque es el idioma que nos define como sociedad con identidad propia, singular.









