Bo facer


Etiquetas: José Pereira

12/03/2010 - José Pereira

Estes días asistín a unha reunión de xornalistas de toda España. Escoitei falar de novas tecnoloxías, de crise, de novos xeitos de facer as cousas, pero sobre todo, escoitei unha queixa xeralizada sobre o futuro que nos espera. Boa parte dos participantes propoñíannos reflexionar sobre os mozos e mozas que estamos formando para o futuro, facendo unha especial mención á apatía e á falta de ilusión que teñen as novas xeracións. Nun momento dado, unha estudante que alí estaba dixo que os novos xornalistas estaban por chegar e se agora estamos na situación actual é polos profesionais que levan traballando xa anos. Recrimináballe esta rapaza a todos os que se queixaban, que a responsabilidade da profesión aínda non é dos que non se incorporaron aínda á profesión, senón dos que xa levan anos. Os dous teñen algo de razón. É verdade que a xuventude entende o mundo dun xeito diferente a como se entendía hai anos. Coido que é intrínseco á mocidade asumir novos retos e facer cambios nos modelos actuais. Así foi toda a vida e sen dúbida é un dos motores de evolución. Pero tamén penso que ás veces as novas xeracións non interpretan ben o momento histórico no que estamos. Refírome á pouca preocupación pola formación de calidade, á fascinación pola tecnoloxía e unha serie de elementos que veremos, co paso do tempo, como resultan. O que si teño claro é que non podemos responsabilizar aos máis novos da situación actual. Debemos reflexionar sobre o papel dos pais e dos profesores deses mozos e mozas. Do mesmo xeito que onte se lle recriminaba aos xornalistas máis veteranos esta actitude, tamén é importante valorar a atención que os adultos exercen sobre os máis novos, especialmente sobre os que están nas idades críticas da formación, como é a adolescencia. Neste sentido resultoume especialmente interesante a intervención dun dos xornalistas máis emblemáticos de España. Josep Martí Gómez, un dos analistas e informadores en activo máis interesantes, falou da importancia do traballo ben feito e dos erros producidos polos que agora critican ás novas xeracións. Contou a anécdota ocurrida hai anos, nunha das visitas do Papa á España nos anos oitenta. Resulta que na visita do Pontífice ao Monsteiro de Monterrat, en Barcelona, o Abad recibiu unha caixa perfectamente empaquetada onde se lle indicaba que era un agasallo papal. Depois de abrila observaron que era unha casulla preciosa acompañada dun sobre. Seica a dúbida e o medo atacou a todos o monxes porque non sabían que cousa viña no sobre, esperando unha recomendación, unha crítica ou Deu sabe que cousa. Abriron o sobre e o documento era ben claro: “Por favor, lavar en seco”. Martí Gómez referiuse así ao mito da diplomacia vaticana, historicamente considerada como a mellor do mundo e feita por grandes profesionais, cando a realidade dicía o contrario. O xornalista rematou a súa anécdota indicando que se a vaticana é a mellor diplomacia do mundo, podemos imaxinar como é a do resto do mundo. Sen dúbida, unha boa metáfora da consideración do “bo facer” de todo unha xeración.

2'0 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>