Clientes ou emprego


Etiquetas: José Pereira

06/03/2010 - José Pereira

Hai uns días tiven a oportunidade de asistir a unha conferencia de dous grandes profesionais da fotografía en prensa. Un era o galego Miguel Riopa, vello coñecido do Diario de Pontevedra e premio World Press Photo. O outro era Javier Bauluz, premio Pulizter de fotografía. Nunha interesante sesión, os dous explicaron o valor do fotoxornalismo na vida diaria e falaron tamén da situación laboral do sector. Non lles descubro nada se lles digo que a cousa anda máis ou menos igual que no resto dos sectores profesionais. Despois desta conversa falei con varios dos asistentes, amigos de vello. Un deles díxome algo que me fixo reflexionar. Este amigo meu, moi curtido e miles de batallas do xornalismo e da comunicación, confesoume que el, desde novo, tentaba buscar clientes e non un posto de traballo. A metáfora pretendía escenificar que o importante é buscar a alguén disposto a pagar e valorar o traballo de cada un, independentemente que sexa unha empresa que contrate, ou un usuario final que pague polo produto. O importante, afirma este colega meu, é que poidas vivir do teu traballo feito con responsabilidade e cariño. Por iso, non entendía que no momento no que vivimos a mocidade non se revele, de xeito activo, contra propostas como as que plantexou a patronal esta semana. Tamén compre explicar algo mellor este concepto de revelarse. Non se refería, e así o entendín eu, a unha revolta social con manifestacións e protestas. Referíase a unha postura laboral que non acepte que non se pague polo traballo feito, independentemente que o faga un menor de trinta anos un un maior de sesenta. A min non me gusta que se asocie o valor do traballo polas características físicas da persoa. Non me gusta nada que as mulleres cobren menos que os homes polo feito de ser de distinto sexo, e tampouco me agrada nada que os mozos teñan que cobrar menos polo feito de ser novos. O valor da tarefa desenvolta debe xirar ao redor da calidade do mesmo. Polo tanto, un traballo excelente feito por un recén licenciado ten que ser estimado na mesma medida que a tarefa do máis veterano da compañía. Tentar cambiar agora estes preceptos da cadea de valor non é bo camiño para sair da situación na que estamos. Por iso, é un bo momento para que todos aqueles que queiran e poidan desenvolver a súa vida ao redor do traballo persoal teñan a axuda inicial necesaria. Esa axuda correspóndelle ao Estado, por suposto, pero tamén aos entes cunha responsabilidade social alta, como a banca, as universidades e as empresas. Por suposto, neste mesmo conxunto debemos introducir aos propios traballadores, que deben ter unha actitude coincidente cos tempos que corren. Xa non hai espazo para aqueles que consideran que o posto de traballo é unha obriga do contratante. Agora, é preciso que os traballadores entendamos que debemos aportar valor ao sistema todos os días.

3'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>