Literatura

Unha cidade para os ollos dos nenos


Etiquetas: Pontevedra, literatura, cultura

08/02/2010 - Galiciaé

O XI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil chega a Pontevedra coa temática da vida nas cidades de fondo. Así, neste mes de febreiro, e até mediados de marzo, tanto os cativos que viven ás beiras do Lérez coma as súas familias poderán achegarse as diversas visións que dende os libros, os debuxos animados ou a pintura se dan sobre ese modelo urbanístico que no século XXI xa regula a boa parte dos que viven nesta parte do mundo.

Pontevedra e todas as cidades do mundo se converten en protagonistas nesta nova viaxe pola imaxinación. Cidades galegas, cidades abandonadas, cidades imaxinarias... A clave está en explorar como son as relacións humanas que se dan nelas, qué pasa nelas, qué se aprecia mirando ao noso redor.

A concelleira de Cultura de Pontevedra expresábase así na presentación aos medios desta edición do Salón: ''téntase plasmar todos os aspectos da cidade: a proximidade e distancia, os misterios que esconde, os veciños, o interés que temos de relacionarnos coa persoa do lado''.

Actividades na rúa
As rúas de Pontevedra vóltanse protagonistas tamén este ano no Salón do Libro. Desta forma, multiplícanse os espazos nos que teñen lugar as actividades, unha longa lista de contacontos, obras de teatro, charlas, exposicións... Así, o Salón este ano ten escenarios, ademáis do Pazo da Cultura, coma a Casa das Campás, a Galería Sargadelos, o Café Moderno, ou as propias rúas da cidade.

Polos propios lugares públicos de Pontevedra terán lugar varias das actividades destinadas aos pequenos e que lles predisporán ver a cidade con novos ollos. Unha destas actividades son os roteiros urbanos programados para este mes, no que se pode salientar o Roteiro Castelao, que percorre os sitios da cidade nas que a presenza do histórico galeguista, cun forte vencello á cidade, aínda está presente.

Outro dos obradoiros que lles dará aos cativos coñecemento sobre a vida nas cidades é o obradoiro de 'Policía por un día'. Nel, os máis pequenos poderán decatarse da importancia que ten o cumplimento das normas de seguridade vial para a convivencia cidadá e terán que desempeñar o traballo de policía de tráfico por unha xornada, tendo que realizar tamén o traballo de multar a quen non cumpre as normas, aínda que desde a organización do Salón se agarda que as boas conductas ao volante formen parte de todos os pontevedreses.

300 persoas na inauguración
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deu o seu pistoletazo de saída o domingo, 7 de febreiro. No acto de inauguración, ao que acudiron unhas 300 persoas, a concelleira de Cultura, Lola Dopico, expuxo que o obxectivo desta actividade é ''facer xurdir o agromo do amor polo libro no primeiro paso por entrar no mundo da literatura''.

E este ano a vía para chegar a esta meta é a observación da cidade, un lugar á vez pacífico e tumultuoso, creador de medos e de felicidades, diferente tamén se a ven ollos de cativos ou de maiores.

As actividades se estenden ate o día 14 de marzo, día que terá lugar o acto de clausura do Salón. O día anterior, o sábado 13 de marzo terá lugar un acto de homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz, autor de varios títulos da literatura xuvenil galega como 'Contos por palabras', 'Trece anos de Branca' ou 'Cartas de inverno'.

As cidades-barco de Xurxo Souto

Entre as actividades deste luns podemos atopar, no Café Moderno, unha charla do músico galego Xurxo Souto que leva por título 'Aperta coruñenta, manifesto das cidades-barco'. Segundo explicou Souto, nesta ''palabrada'' quere desmontar os tópicos que circulan sobre a súa cidade, A Coruña, e revelala coma toda unha fonte de emocións.

O autor de 'Contos da Coruña' ou 'O retorno dos homes mariños', onde recolle a lenda de seres que poboaban o mar de Orzán e que mantiñan contactos cos mariñeiros coruñeses. Coñecedor do transfondo máxico que se agocha nesta parte de Galicia, Souto quere ''expresar a miña relación con A Coruña como experiencia emocional'' e fuxir dos tópicos quen caen sobre esta cidade.

Así, o artista define A Coruña coma unha ''cidade-barco'', en contraposición ás ''cidades-meta'' que poden ser as grandes urbes como Madrid ou Barcelona. Así, unha ''cidade-barco'' é aquela que está ''aberta a todos os mares'', que aínda navega atesorando no seu interior o que recolle na súa singradura.

Onde se para o tempo

Tamém nesta xornada ten lugar a inauguración da exposición de Fruela Alonso 'Donde nunca pasa nada', na Galería Sargadelos, onde estará presente ate o peche do Salón. Nas súas pinturas, Alonso expón a súa visión da cidade. Tal como indica o título da exposición ''o que eu quería era reflectir lugares onde o tempo está paralizado''.

Cunha técnica que nos ofrece unha visión difuminada das siluetas das cidades, Alonso ofrécenos unha serie de estampas urbanas nas que se pasean incluso imaxes de cidades abandonadas, coma a ucraína Prìpiat, que quedou sen habitantes tra-la explosión de Chernobil.

''Normalmente, pinto imaxes aéreas a 100 metros por riba da cidade'', explica o pintor, quen exclúe na súas obras a presencia de elementos coma o automóbil, transmitindo esa sensación de que non ocorre nada. Segundo explica Alonso, as fotografías que aparecen nos medios de comunicación son a súa fonte de inspiración, recreando a partir das imaxes que máis lle impactan a súa persoal visión sobre as cidades.

Estes dous actos deste luns, son só algunhas mostras das diversas visións sobre as urbes que se poderán desfrutar no XI Salón do Libro Ïnfantil e Xuvenil. Os contacontos, os filmes, as palabras de diversos artistas terán o obxectivo de abrir os ollos a nenos e maiores a coñecer o seu entorno, e tamén o mundo dos libros.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>