Cando as cousas se complican


06/02/2010 - José Pereira

Hai uns meses a provincia de Pontevedra viviu unhas xornadas moi duras nas que os traballadores do metal fixeron unha folga con numerosos disturbios e que colapsou o sector na provincia de Pontevedra durante un mes. Se lembran, aquelas protestas non acadaron boa parte dos obxectivos que se pretendían pero si se crearon novos problemas nas empresas e nos traballadores que aínda teñen consecuencias a día de hoxe. Polos medios de comunicación souben que a carteira de pedidos de barcos especializados en pesca e oceanográfia está baixando a ratios alarmantes. Galicia é un dos poucos lugares do mundo onde se poden facer este tipo de barcos e, ademais, o seu prestixio está avalado por anos de éxitos constante. Agora, confesan os sindicatos e os empresarios, o problema está na imaxe de conflictividade que se ten do sector galego. Boa parte das empresas nórdicas que tiñan contactos avanzados para a construcción de varios barcos deciden non pechar os acordos temendo conflictos que provoquen retrasos e incluso peches de astaleiros. Isto, no meu parecer é grave. Non tanto porque se perdan uns contratos, que en si mesmo é importante, senón polo clima de inseguridade que se traslada ao sector e que sen dúbida repercutirá nos encargos futuros. Eu son un firme defensor dos mecanismos que existen para a defensa dos dereitos dos traballadores. Penso que grazas ao sistema económico que temos é posible que todos teñan garantidos os seus dereitos laborais. Outra cousa é o abuso no xeito das reivindicacións que se fai en ocasións, cunhas consecuencias que superan amplamente o periodo da protesta, creando situacións que poden ser insalvables. Este tipo de problemas moi comúns nos anos 2000 e non só no metal, conforman boa parte da base da crise que estamos a vivir. Sempre se di que o principal elemento que debe acadar a economía é a confianza. Confianza dos bancos nos clientes, confianza dos clientes nos productos e nas empresas, …. Se durante os últimos anos fixemos cousas que crean desconfianza, aínda que os resultados finais foran máis ou menos positivos, creamos un clima claramente hostil coas necesidades que agora mesmo temos. A confianza é un intanxible, que por definición económica, é un dos elementos máis difíciles de conseguir e consolidar. Por iso e´fundamental que traballemos todos en recuperar algo que sempre está no noso ideario, aínda que ás veces non o aplicamos. Temos que traballar na recuperación do “bo facer”, na responsabilidade e na profesionalidade. Temos que enfrentarnos aos comportamentos de moitos de nós, empresarios e traballadores, nos que nos comprometemos nunha cita e non chegamos a ir, nos que acordamos un prezo e logo aparece outro, nos que acordamos unhas condicións que logo non se cumpren, nos que non imos ao traballo sen dar maiores explicacións e un longo etcétera. Isto é un mal que debemos erradicar con certa présa para poder navegar pola vida con maior tranquilidade nos vindeiros anos.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>