Cómpre estudar maxia
04/02/2010 - Miguel Suárez Abel
Se o ministro Gabilondo lograse un acordo estable sobre educación, o que Azanar acaba de dicir sobre Zapatero ( ninguén fixo tanto mal ó país en tan pouco tempo) non sería de todo certo. Se tal acordo chegase a firmarse , poderiamos darnos cun croio nos dentes, nada tan favorable para os intereses do país como unhas bases sólidas e estables no campo educativo. Mentres traballa nesta difícil tarefa, o ministro realiza declaracións que dan pé a reflexionar por onde deberían ir as liñas dese acordo.Nunha das últimas viña a dicir máis o menos que, entre outras cousas, para lograr autoridade e disciplina, o profesor o que debe é converter as súa clases en algo atractivo, dinámico e creativo. ¿Como? Escoito a coro voces de profesores. Pois acudindo á maxia, señores, non doutra maneira. Dende sempre se soubo que un bo comunicador ha de ser un bo actor, contar coas facultades daqueles que seducen e hipnotizan ós que o atenden. Captando a atención. Se fai falla con truco, pero alcanzado ese estado de abandono de todo estímulo que distrae con tal de seguir a narración, a tarefa, o reto, a invitación, o misterio que alguén lograr inocular en ti. Aí gurgulla a esencia do milagre. ¿Magos?, pensarán os donos das voces do coro que antes se facía a pregunta. ¿Non só experto nas respectivas materias (bioloxía, matemáticas, linguas, etc.), paciente, flexible e aberto ó diálogo senón que tamén, agora, para rematala, un profesor debe facer maxia? Veña, home. Pois si. Cientificamente comprobado. A profesora galega Susana Martínez-Conde, directora do Laboratory of Visual Neuroscience no Barrow Neurological Institute, Phoenix, USA, leva a cabo unha investigación colaborando con expertos en maxia, que certifica as grandes vantaxes de saber unir os trucos da maxia coa mellora na atención. Martinez-Conde , con fina intuición , soubo rodearse de magos para penetrar no seu obxecto de estudo: as bases neuronais da experiencia visual, e o estudo do nexo entre ilusiones e realidade na fronteira ente a arte e a ciencia, especificamente entre neurociencia e maxia. ¿Que fai o mago? Os trucos de maxia poden ser ilusións ópticas, ilusiones visuais ou ilusións cognitivas. O mago o que consegue é desviar ou dirixir a atención do seu espectador para que non perciba un obxecto, ou un movemento, ou unha manipulación, que está dentro do seu campo visual y que é información que o ollo está recibindo. Os magos contan cunha capacidade de manipular a atención de maneira espectacular. Coñecer o funcionamento cerebral destas manipulacións, di Martínez- Conde, ten unhas implicación importantes no campo da rehabilitación clínica de determinadas enfermidades (por exemplo no tan recorrido actualmente Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) e, por descontado, no campo educativo. Se puideramos derivar maneiras de manipular e dirixir esta atención, evitar distraccións e utilizar os principios que utilizan os magos, quizais isto podería exercer efectos positivos. Moitos pacientes seguirían tendo unha una limitación nos seus recursos de atención, pero serían capaces de aproveitalos ó máximo. Outro tanto no ámbito educativo. Se na aula, o mestre fose capaz de aproveitar ó máximo os recursos de atención dos alumnos, isto podería talvez ser dunha importancia crítica na aprendizaxe. Aí lle brindo a oportunidade ó ministro. Nas bases do acordo que non se lle esqueza a premisa principal de calquera mellora educativa: contar co profesorado. Sen un profesorado motivado, seguro e recoñecido, calquera reforma, por apoiada que estea, irá dereita ó fracaso. E dentro desta convicción, postos a facer as cousas ben, que non ignore os estudios da galega en Phoenix. Que repatríe se lle parece a Susana Martínez-Conde, que estude ós magos de por aquí porque hoxe, sen a máis mínima dúbida, para ser un bo profesor hai que ser un mago cientificamente competente. Non nos demoremos. Comecemos a estudar maxia.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.







