Autodeterminación
''Cal é o drama do independentismo catalán? Que xa non xogaría o Barça na liga española?''
01/10/2009 - Manu López
O referendo organizado polo concello barcelonés de Arenys de Munt o pasado 13 de setembro, no que se lle preguntaba aos seus habitantes se querían a independencia de Cataluña, tivo gran repercusión, non só nesta comunidade, senón que os seus ecos chegaron ata Galicia. É por iso que a plataforma nacionalista 'Sei o que figestes... nos últimos 525 anos' organiza este sábado un acto no que se homenaxeará a Cataluña e á consulta realizada.
O evento terá lugar no local social da parroquia compostelá de Arins (a coincidencia na denominación dos dous concellos resulta evidente) e leva por título 'Em Arins, como em Arenys: independência!', co subtítulo en catalán de 'Homenatge a Catalunya'. O principal reclamo neste día será a conferencia-debate impartida polo catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón López-Suevos, chamada 'A apaixoante estratexia das consultas populares'. Neste sentido López-Suevos destaca que ''que haxa inciativas populares, que exista a vontade, por exemplo de derrogar un cargo que o está facendo mal é bo. En California foi destituído o gobernador, en Suiza fanse consultas de todo tipo nas que se aproban medidas, moitas veces, en contra do que quere a maioría dos políticos''.
O catedrático ve necesrio que as consultas populares teñan moita máis presenza dentro da democracia, pois ''este tipo de mecanismos axudan a que as preferencias dos cidadáns estean mellor representadas polos políticos'', sinala. Suevos pregúntase que ocorrería, por exemplo, se no caso da Cidade da Cultura se sondease á cidadanía sobre a súa construción. ''Fraga di: 'Eu tiven un soño...' Os soños son privados, non son para enterrar millóns de euros. Se se fixera no seu día unha consulta sobre o Gaiás, non teño dúbida de que Fraga perdería. E, aínda que gañase, tería que formular a súa campaña dende outro punto de vista e estudar o asunto moito mellor antes de lanzarse a proxectos faraónicos'', sentenza.
A pregunta de Arenys
No acto de 'Sei o que figestes...' tamén está previsto realizar un simulacro de referendo soberanista coa pregunta 'Desexa que Galiza continúe a ser unha colonia como nos últimos 525 anos ou, polo contrario, quere que a partir de agora sexa algo completamente diferente?'. Non ten o respaldo social do que gozaba a consulta catalana, consulta que a López-Suevos faille reflexionar sobre a situación desta autonomía. ''Se teñen vontade de separarse, eu respetaríao. Cal é o drama? Que xa non xogaría o Barça na liga española? Seguro que seguiría xogando. Que se o Seat se fabrica en Barcelona xa non iamos importalo por que os cataláns son moi malos? Ou que eles non ían consumir Ribeira do Douro? Todo o contrario. O antagonismo dáse agora porque eles queren unhas cousas que non se lles queren dar''.
Para o catedrático é fundamental ''desdramatizar'' esta situación porque ''o dereito á autodeterminación é un dereito democrático. Ademais, é algo que está aprobado pola ONU dende 1966. Que os pobos que non teñen estado poidan decidir onde se queren integrar é algo que debería ser normal''.
Esta reivindicación do ponente da conferencia do sábado camiña arredor de que para el ''hai un problema catalán moi serio e hai que tratalo con moito tacto. Dende logo non se resolve coa Garda Civil. A cuestión é: iso que chaman España é uninacional ou plurinacional? Se é plurinacional todo o mundo debía estar contento dentro cunha nova estrutura, e aquí paz e, despois, gloria''.
O discurso contra o referendo
As principais críticas que se fixeron no seu día sobre o referendo de Arenys de Munt por parte da maioría dos políticos que non militan no nacionalismo versaban sobre a ilegalidade do mesmo ou a vulneración de competencias estatais recollidas pola Constitución. Isto para López-Suevos non ten xustificación porque entende que ''non ten nada de malo preguntar á xente o que quere. En todo caso, se está fóra da Constitución, que a refagan. Se se cambia por se ao Rei o sucede unha muller ou un home, por que non contemplan tamén reformas desta índole?''
A pesares de que o evento organizado pola plataforma nacionalista supón un mínimo paso neste tipo de consultas en Galicia para o profesor non se albisca que un concello galego realice unha. ''Véxoo difícil porque iso só se faría nun concello rexido por nacionalistas e teñen outra estratexia a medio prazo para conquistar máis autogoberno. Ademais, non creo que os concellos galegos sexan miméticos dos cataláns'', conclúe Suevos.
No evento do sábado haberá tamén un colectivo catalán chamado 'Fills del Dr. Cat - Germandat Secreta Catiana', que participou como observador do desenvolvemento da xornada no referendo de Arenys. Pola noite, os asistentes están convidados a achegarse ao Centro Social O Pichel para tomar un refrixerio, ao remate dun acontecemento que López-Suevos recomenda tomar ''con humor. Falamos de temas serios, pero sempre sen perder o humor''.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#10 Por alaprear 03-10-2009 17:19
peneirosa ti non sabes o que é un pais normal coma pode ser Alemaña ou Francia? pois iso seria Galiza ou Catalunya por exemplo. Que para vaias xa están as de Ceuta e Melilla no teu queridillo pais, e a tua "pacifica" policia entre outros :)
Que mais da que o barça non xogue a liga española? a caso o futbol e algo básico para o pobo? van morrer se non xogan a liga española e xogan a catalana?. Esta claro que unha mafia como a CEE e demais a ninguen que sexa sensato lle gusta, pero o que di que prohibirlle a catalunya..porque? ti que te crees o españolito mandon? non teria dereito coma calquer pais?..ai como escuece Rio de Enero 2016
#8 Por peneirosa 03-10-2009 17:11
SERÍA BON QUE OS INDEPENDISTAS QUE TEÑEN TAN CRARAS IDEAS,INFORMEN SE XA CONTAN CO RECOÑECEMENTO INTERNACIONL(U.E)..ETC, OU SE PENSAN ILLARSE
NUNHA NAZÓN CON EMBAIXADAS,EXÉRCITO, ADUANAS...DEBEN IR INFORMÁNDO PRA QUE O POBO VAIA FACENDOSE Á IDEA DO QUE DEBERÁ VOTAR
#6 Por Naaranjo 02-10-2009 21:43
#2 Xurxo.-Non preciso Cava Catalán,témolo en Galicia,e na miña terra berciana.
E por certo,que sepas que en Francia hay champaagnes que deixan moito que desexar,pero hainos (PERO CON MOITA DIFERENCIA) mellores cos cataláns(e non é snobismo,que conste).
Xa dixen noutro comentario,que non me pirro pola miña 'españolidade',xa que me tocou en sorte coma o meu 1.85 m.de estatura,encima guapo. :),:),:).... .Polo tanto de patriota,podes aforralo,fixen a puta mili ENTREGÁNDO O MELLOR ANO DA MIÑA VIDA.
E sobre Francia,canto mellor nos iría....
#4 Por Pendragon 02-10-2009 00:57
No champan no pero vino Lambrusco si, los italianos me caen mejor que los catalanes....por cierto Nacional, si no estas agusto con el resto de los gallegos te puedes pirar a Portugal, que seguro alli te acogen con los brazos abiertos y un sueldo medio de 400 €uros al mes, hala con dios....ah y catalanes y vascos si se piran veto para que no entren en la CEE, por que esta claro que no se puede tener la teta y la vaca....;)
#2 Por Xurx0 01-10-2009 23:05
Dicho por #1 Naaranjo:
"Yo boicoteo todo lo que puedo a los productos catalanes"
Enton en vez de Cava tomaras champaña Francesa, ese pais que tantos piropos nos bota cada vez que un xogador español xoga ali, eses que acuñaron a famosa frase "Africa comeza nos Pirineos". Porque claro Catalunya mentres non se diga o contrario e española pero eso dache igual, moi patriota ti si señor...
#1 Por Naaranjo 01-10-2009 22:12
Dice un proverbio antiguo:"Enemigo que huye,puente de plata".
Vamos a ver,si cualquiera de ustedes se cansa de la mujer o viceversa;¿Se van a seguir aguantando,y poner fin a la situación?
Si Cataluña no está a gusto,que se vaya,con su Barça,con su triplete , con su Virgen de Monserrat y la Baba de José Luis Pérez(a)Carod.
Lo que es INADMISIBLE es que nos estén CHANTAJEANDO CONSTANTEMENTE al resto de los pueblos qu HEMOS SIDO MARGINADOS en tanto por unos Gobieros como por otros.
Yo boicoteo todo lo que puedo a los productos catalanes.









