Idioma

A Mesa critica á Deputación de Pontevedra polas ''medidas contra o galego''


Etiquetas: A Mesa, Galicia Bilingüe, Pontevedra, lingua

15/09/2009 - AGN

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, criticou as “medidas contra o galego” adoptadas desde a Deputación de Pontevedra, entre as cales citou a decisión de deixar de comprar libros en galego e o financiamento das xornadas realizadas esta fin de semana, “as primeiras na historia da democracia en todo o Estado nas que unha administración paga, co diñeiro de todas e todos, os ataques contra a diversidade e a convivencia lingüística”.

Callón afirmou que esta actividade foi un “monólogo de extremistas, sen abrir o contraste a persoas de opinións diferentes nin contar coa presenza de expertos cualificados, como especialistas en pedagoxía”. “Mesmo chegaron a falar do galego como algo menor, nunha mostra deplorábel de racismo lingüístico, de pensar que hai idiomas de primeira e idiomas de segunda, idiomas con dereitos e idiomas sen dereitos”.

O portavoz da maior asociación cultural de Galiza, que conta con máis de 3.500 socias e socios, tamén reclamou que a Deputación dea a coñecer cales foron as contías “malgastadas” nesta actividade na que, segundo amosan os testemuños gráficos, non participaron máis de 30 persoas. “Parece que para atacar o galego non hai austeridade”, denunciou.

5'0 (7 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



15 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#15 Por xurxo222 16-09-2009 12:08

Normal

DEMOSTRACIÓN DO BILINGUISMO QUE QUEREN OS RESPONSABLES DE GALICIA BILINGUE(COMENTARIOS NO FORO OFICIAL:estudiar en plan 50% tiene sus riesgos que ha de hacerse en cisrcunstancias muy especiales/En Francia se han sucedido gobiernos de derechas, de izquierdas y medio-pensionistas;y a nadie se le ha ocurrido la idiotez de crear 22 parlamentos y tener 22 presidentes.Los franceses hablan francés y se entienden entre ellos perfectamente. Solamente los borrachos hablan bretón en Bretaña//Para mí la conclusión de la Jornadas es que el bi o el multilingüismo es un auténtico caos.Afortunados los países que,como Francia,tienen una sola lengua oficial que deben conocer todos.Para mí es el modelo ideal


#14 Por miguelon 16-09-2009 12:02

Normal

Si es facil. Debería ser 40% máximo en gallego y en castellano y 20% restante en ingles. aunque bueno, preferiría que fuera 30% gallego y castellano y ingles y 10% portugués.. Pero eso máximo no mínimo. ESo sí habría que cambiar las oposiciones de los maestros y que estos realmente supieran dar clases en inglés, en castellano o gallego indistintamente.


#13 Por Galaicus 15-09-2009 22:49

Normal

Coñecín hai tempo a Teresa Pedrosa e só podo dicir que me decepciona e doe o seu comportamento. Será que o feito de terse criado nunha familia tan franquista, ao final marca moito máis do que pensaba.
En canto ao tema lingüístico, penso que non hai que adicar nin un minuto a GB e o que hai que facer é denunciar onde corresponda o xenocidio e a discriminación que se está a facer da lingua galega e dos galegofalantes. A Constitución e o Estatuto están aí e a "DEclaración dos Dereitos humanos" tamén.


#12 Por maisqcarotas 15-09-2009 22:24

Discutible

Ca Mafia que son os da MEsa Pola radicalización da Lingua Galega falen de extremismos pra se referire ás políticas de convivencia linguística que esta poñendo en marcha o PP, non é máis coutro sarcasmo impúdico destes intolerantes. ¿A quen representan estes da mesa? ¿Quen os elixiu pra se erixire en defensores da lingua galega? eu son galego falante e non me representan pra nada. Que deixen tranquila a lingua de todos e que non a escarallen máis.


#11 Por xosemaria 15-09-2009 20:59

Normal

Entre o matrimonio Lago-Doradao e Lozano-Pedroña a Deputación de Pontevedra é merecente da medalla Fraga ou Rajoy. O PP está resultando unha carallada.


#10 Por SOSTIENEPEREIRA 15-09-2009 19:55

Destacado

O 19 de setembro celebraránse no Teatro Principal de Pontevedra unhas xornadas de formación nas que se analizará a actual situación do galego. Abordaremos tres obxectivos
1) que as linguas son fenómenos sociais e non individuais e deben ser tratadas como tal. 2) , por que a lingua galega é a lingua propia de Galiza e 3) cal é a situación real do idioma así como cal é o idioma discriminado e cal é o idioma que está en perigo. Tamén queremos clarificar a posición política do nacionalismo e e da sociedade galega frente á política lingüística do PP que é unha guera contra a posibilidade de que Galiza sexa un pobo con conciencia de seu.


#9 Por Pacopepe 15-09-2009 19:47

Normal

A política lingüística da Xunta está sendo moi belixerante co galego. Parece que os grandes problemas do noso país centránse en charmarlle ás galescolas "galiña azul", non rotular en galego os comercios, recuperar o “L” de A Coruña, negar subvencións para a tradución de libros, minguar as axudas para eventos culturais… Este é un debate artificial creado polo Partido Popular que tenta agochar outros intereses


#8 Por Peter 15-09-2009 19:33

Normal

E polo visto quixeron ir poucas, á clausura 30 ou 40 | vexan


http://is.gd/3iYWW

GB apenas un xoguete roto, utilizado polo PP para acadar o poder, que é o que interesa a Feijóo.

Unha das especialistas das xornadas apoia repartir o idioma entre ás asignaturas.

http://is.gd/3iTco

É dicir o Decreto do 50% que pretende derogar agora o PP de Feijóo.


#7 Por daza 15-09-2009 19:00

Normal

No sé lo que se habrán gastado en esa actividad, pero seguro que menos de los SETENCIENTOS MIL euros en subvenciones que trincó la mesa del Bipartito. Por cierto, cuando se subvencionaba la bufonada esa del correlingua, en la que los niños participaban bajo coacción ¿qué pasaba? Por lo menos a esto fue quien quiso


#6 Por Peter 15-09-2009 18:39

Normal

Interesante entrevista á ponente das xornadas Anna-Kaisa Mustaparta:

Link: http://is.gd/3iTco

" No sabía nada sobre el caso gallego y me ha resultado muy sorprendente. Creo que la lengua no es el tema, tiene que haber algo más y estoy intentando averiguar qué es. Si no, el problema sería muy fácil de resolver. Pueden impartirse una parte de las materias en una lengua y otra parte en la otra...."

Parece que ata os especialistas de GB se decatan do asunto, non se trata de liberdade, nin bilingüísmo, nin ostias, é outra cousa moi distinta: autoodio, desprezo e ignorancia, ou peor, actitudes (implícitas ou explícitas) de supremacia social e racismo lingüístico


#5 Por Patiño 15-09-2009 18:01

Normal

Esta actividade, financiada por Louzán e Teresa Pedroas, cos cartos de todos os pontevedreses, foi un “monólogo de extremistas, sen abrir o contraste a persoas de opinións diferentes nin contar coa presenza de expertos cualificados, como especialistas en pedagoxía. Mesmo chegaron a falar do galego como algo menor, nunha mostra deplorábel de racismo lingüístico, de pensar que hai idiomas de primeira e idiomas de segunda, idiomas con dereitos e idiomas sen dereitos. E a todo isto, o director do museo caladiño como un peto. Fale, home, fale, sexa valiente. Como consisnte este aquelarre antigalego no museo?


#4 Por Eri 15-09-2009 17:19

Normal

Non ten moito sentido unhas xornadas, coloquios, debates, se todos teñen a mesma opinión e iso mesmo foi o que pasou nas xornadas sobre o "Bilinguismo" de GB onde eu asistin omo espectador.Foi como os debates que hai en Popular TV que os tertulianos son un da Cope, outro do PP, outro de La Razón, etc.
Unha cousa é certa os de galicia Bilingue o único que defenden é o español pois ata o dia de hoxe non os vin queixarse de que na xustiza, nas universidades, nas multinacionais, empresas,ritos relixiosos, e un longo etc o galego está non marxinado senón que case é inexistente. en canto empecen a manifestarse en contra diso pois deixarán de pareer unha asociación de dereita.


#3 Por Notario 15-09-2009 17:18

Normal

Agardemos a que a Deputación dea a coñecer cales foron as contías “malgastadas” nesta actividade na que, segundo amosan os testemuños gráficos, non participaron máis de 30 persoas. “Parece que para atacar o galego non hai austeridade”.


#2 Por eliberal 15-09-2009 16:57

Discutible

La paja en el ojo ajeno...y no la paja en el propio. La Mesa es un organismo de imposición del gallego. Así de simple y sin paliativos. Al menos desde otras instancias se defiende la libertad de elección y el bilingüismo


#1 Por GarciaAlen 15-09-2009 16:42

Normal

Sorprende a deriva da, no seu tempo, eficaz e tolerante presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, sorprende que derive cara a posturas racistas e xenófobas. Algo impropio dunha licenciada en dereito e inspectora de traballo. Do Louzán non sorprende nada. con esa formación que se pode esperar deste pobre señor.
Quen si foron moi listos, foron os demais, que se quitarn de en medio e pasaron a fin de semana navegando en Sanxenxo mentres o parvo de Louzan e a desnortada Pedrosa pasaba o día cos 30 (contados por xornal) radicales racistas de GB.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>