Opinión

Atacar nun lado para ter votos noutros

POUCO FUTURO se lles aventura en Galicia ao xa vello UPyD e o novo Ciudadanos se se empeñan en arremeter contra xente e territorio. A menos que este lugar non lle interese aos aquí residentes, que dea igual as infraestruturas que teña para desprazar persoas ou mercadorías ou que todos esteamos protexidos por unha coraza que repele os insultos.

Porque aínda que xa pasou tempo desde que a líder de UPyD menosprezou aos que aquí nacemos, cando non se lle ocorreu nada mellor que chamarlle galego como sinónimo de parvo a Zapatero, ou somos desmemoriados ou terá moi difícil conseguir votos por aquí.

E máis fresco está o desdén de Ciudadanos con Galicia ao cuestionar o Ave xa en marcha, amosando un total desprezo por este esquinazo peninsular, polo que ou realmente somos tan parvos como cre Rosa Díez ou aquí o partido de Rivera ou recúa ou non terá moito futuro.

Comentarios