Traxedia inadmisible


Etiquetas: José Pereira

03/07/2009 - José Pereira

Aeficacia dun sistema mídese polo seu rendemento e polos fallos que acontecen. Lamentablemente, na sanidade, os erros poden provocar mortos. Hai uns días soubemos da morte dunha muller recén parida provocada pola infección do virus da gripe nova. A parte da traxedia persoal que supón sempre a morte dunha persoa, máxime se acaba de ter un neno, recoñezo que a actuación das autoridades despois da traxedia incomodoume, cabreoume e incluso me indignou. Entre todo o que escoitei, vin e lin durante os días seguintes a este tráxico suceso non detectei nin a palabra responsabilidade nin a palabra erro. Todos os que falaron, agás o marido da finada, cansáronse de indicar que os síntomas non se puideron detectar polo embarazo, que foi unha complicación a causa da saúde da doente, que se seguiron todos os protocolos, e non sei cantas cousas máis. Obviamente, algo extraordinario pasa cando unha muller de 19 anos morre nun hospital. Ben por accidente ou por enfermidade irreversible ás veces non hai máis solución que o fatal desenlace. Sen embargo, coido que nos tempos nos que estamos non se pode tolerar que unha moza morra de gripe, por moi preñada que estea. Non sei se erraron os protocolos, a profesionalidade dos médicos ou a competencia dos xestores pero o que está claro é que algo, ou varias cousas, fracasaron estrepitosamente. Por moito que me intenten convencer non me entra no siso que unha muller nova, que lougo souben que era deportista, embarazada e despois de visitar tres ou catro veces as urxencias do hospital morra por mala sorte. Hai poucos meses tiven a miña experiencia de ser pai e vivín con toda a intensidade do mundo o embarazo. Se alguén de vostedes estivo nesta situación hai pouco coincidirá comigo que os protocolos son perfectos, con non sei cantas visitas a non sei cantos médicos, e con dúcias de probas. Sen embargo, cando chega a hora da verdade, a das complicacións, o que máis vale é a profesionalidade do médico de turno que é o responsable de tomar a decisión de cesárea, ingreso ou provocación de parto. Non se trata tanto de seguir o protocolo senón de mirar o caso concreto, decidir e actuar. Na miña experiencia que agora lles conto, todos os protocolos funcionaron ata xusto o momento final, onde unha decisión mal tomada case acaba en traxedia. Sospeito, despois de seguir o caso de Madrid, que algo así debeu pasar. Probablemente todos os protocolos funcionaron pero no momento no que un profesional tivo que mirar á cara da paciente, analizar, comprobar, decidir e actuar, o sistema fallou. Admito que ser médico é unha profesión complexa e que, como humanos, hai erros. Non admito, que se culpabilice á víctima –con mentiras sobre o seu estado de saúde orixinal- nin que se responsabilice ao sistema. Ningún xestor (Comunidade Autónoma de Madrid, Ministerio, Hopital,...) se encarou ao gremio dos médicos esixindo responsabilidades nun caso a todas luces patético e todos coincidiron en considerar o suceso como tráxico pero inevitable. Isto último é o que provoca que nos consolidemos no erro e non melloremos nunca.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>