Internet
''O galego sérveme para estar no mundo'': un grupo de galegos fincados en Londres defende a súa lingua na rede
07/04/2009 - B.V
"A capacidade de falar galego axudoume en numerosas ocasións: fixo posible que me puidera comunicar por teléfono con xente de Brasil para facer entrevistas, permitiume ler e traducir textos en portugués que eran útiles para a investigación dun tema e permitiume falar directamente con entrevistados sen precisar dos servizos dun intérprete", conta Inma Gil, xornalista da BBC.
"O galego sérveme para estar no mundo. Axudoume en Polonia coa pronunciación do polaco, en Londres co inglés e nestes intres estame a axudar co francés. Para min é unha vantaxa competitiva", di Xesús Magariños, programador.
"Dou fe. Cantar en galego abre portas", espeta a recoñecida cantante Uxía Senlle. Son só tes dos comentarios que aparecen no sitio web de O galego é útil, aberto para promover o debate sobre a lingua e deixar claro que en galego tamén se poden mover montañas.
Pero avivar na rede un debate sobre a lingua a día de hoxe, coa inminente chegada ao Goberno galego do PPdeG da man de Alberto Núñez Feijóo, é unha tarefa atrevida. E para mostra, a primeira promesa electoral do popular: botar abaixo o polémico decreto do galego.
Quen está logo detrás de tal ousadía? Un grupo de galegos fincados en Londres, que decidiron colgar na rede un manifesto baixo un título taxativo: 'O galego é útil'. En realidade, o obxectivo é tumbar o argumento de que "o galego non vale para nada, só serve dentro de Galicia", falando dende a experiencia no estranxeiro.
Un idioma de vantaxes
Entre as vantaxes de falar o idioma propio de Galicia, o manifesto destaca que o galego axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional.
Os impulsores desta iniciativa, Xesús Magariños e Inma Gil, agardan atraer sinaturas e comentarios de usuarios galegos de todo o mundo e contribuir así "constructivamente" ó debate sociopolítico sobre a lingua.
Ambos recoñecen que "é unha obviedade dicir que unha lingua é útil". Pero tamén teñen claro que ás veces non está demais berrar obviedades. "A ver se así algúns se enteran".
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#5 Por Alisanchez 08-04-2009 13:52
Que triste que teña que defender a lingua do noso pais desde o estranxeiro e aqui se estea a debater se se está a inculcar o galego a nenos de 0 a 3 anos é malo. Como se o día a día en Galicia non estivesemos rodeados de información en castelán sempre. Na TV, coa xente que o fala, na radio, na prensa... Que triste que teñan que defender o bo de ser políglota desde fóra e non o saiban valorar moitos desde dentro
#3 Por malaka 08-04-2009 10:32
Como persoa afincada en Praga por un tempinho, o galego serveme pra lle ir tomar unhas Gambrinus o bar de debaixo da minha casa onde traballa o Mandela un angolano, ou pra andar de can cos tugas cos que me atopo de vez en cando, ou buscar informacion en portugues no meu traballo sen necesitar dun traductor ou empregar o ingles. Tamen me serve pra pronunciar correctamente en ingles fonemas como o do sh (x), ng (n velar), ou o h (gheada), ou a parlare e imparare con mais facilidade o italiano cando estou ca minha rapariga.
#2 Por david2 08-04-2009 10:04
Non sei se a raiña de Inglaterra ou o Principe de Gales falen galego , pero non creo que unha lingua se valore máis ou menos polas personalidades que a falan senon polos pobos que a falan. Todas son importantes, ata as que so son faladas por tribus pequenas no amazonas.
#1 Por orellana 08-04-2009 08:39
(Comentario valorado negativamente)
Si, lo habla mucho la reina de Inglaterra y el Principe de Gales







