Ángel Santos Touza, director de O cazador, que se estrea mañá no Principal (21 horas)

"Póñome moitas limitacións, e funciono moi ben poñéndoas"


Etiquetas: Ángel Santos, cine galego, O Cazador

13/01/2009 - Manuel Jabois (Pontevedra)

A revista Cahiers du Cinema vén de situar O cazador nas mellores dez curtas que se fixeron en 2008 en España. Non é mala carta de presentación para Ángel Santos Touza (Marín, 1976), que estrea mañá en Pontevedra unha obra bendecida pola crítica e producida por Matriuska. Dous actores sobre un escenario baleiro constrúen unhas personaxes. E un cazador e unha  campesiña atópanse nun prado co peso nas costas dunha relación pasada. Velaquí a curtametraxe do realizador marinense Ángel Santos Touza O cazador, adaptación dun relato de Anton Chejov e producida por Matriuska. A estrea será mañá xoves no Teatro Principal da cidade ás 21 horas. Un dos popes da crítica galega, Martin Pawley, ten definido este traballo cunha palabra moi sinxela: «maxistral».


Non é o seu primeiro traballo.
Hai unha curta anterior en formato cinematográfico que se pasou aquí en Galicia no CGAI e no videoclube en Compostela. E hai aínda unha anterior en vídeo que vén de colgar a Axencia Audiovisual Galega, e que se chama A.


Como apareceu Chejov?
A cousa foi ben inconsciente. Houbo unha época na que si estiven buscando algún relato que puidera adaptarse ao audiovisual, porque un amigo mais eu viramos un concurso que trataba iso, da adaptación dalgún conto. Andábamos buscando, porque ademáis aos dous nos gusta moito a literatura.


É sabido que cando un busca non atopa.
O típico. Moito tempo despois, veume á cabeza este relato que eu lera hai tempo de Chejov, e cheguei a casa e escribilo un pouco nas claves e poñerme a traballar.


Que foi o que lle chamou a atención del?
Podería ter sido outro, non? Non era algo no senso de que esto o que eu quero facer  si o si. Pero si hai unhas constantes que eu tiña. Está o tema da parella, que nas miñas outras dous curtas xa se aborda esto. Interésame especialmente, porque ademáis era algo moi sinxelo, había unha soa localización. Era cómoda de facer e por riba Chejov é un autor moi evocador. De pronto ilumínate.


Pódese dicir que ten algo cinematográfico Chejov. Non é un autor de estilo, que se di, nin barroco nin da moitas voltas. É directo.
É rápido, e estás en tensión dende o primeiro momento. Non é nada rebuscado, exacto, e consegue crear unha atmósfera nun momento determinado que te deixa como un pouco apampado.


Cal foi a localización?
En Pazos de Borbén, por aí. Hai varios pobos. Eu non tiña localizacións na cabeza. Falei con algúns cazadores e ensináronme varios sitios aos que ían eles. A caza do coello, concretamente, que é o que caza a personaxe. Eu esperaba árbores, algo... E ben, a realidade deixoume nese sitio, onde hai un descampado, toxo, pedras e pouco máis.


Fas logo na cinta (de 25 minutos de duración) algo case revolucionario.
Revolucionario..., non sei.


Nos círculos nos que xa se moveu faláse moi ben diso, precisamente. Dese atrevemento seu.
O que pasa na obra é un pouco tamén o proceso polo que pasei eu, non? Eu cheguei a casa, escribín a historia tal e como a lembraba, e tiña a historia dun cazador cunha campesiña. Era unha ficción. E dicíame: quen son eu para facer algo cun cazador e cunha campesiña? Se me dixeras sobre dous mozos, ou dous adolescentes...


Un cazador e unha campesiña rusos, por riba.
Claro, que fago aquí? Entón tiña que deixar claro que esto era una ficción, unha construcción, e púxeme a traballar nese senso. Fixen un proceso de adaptación. Collín o texto en bruto, que é un pouco o que está na primeira parte da curta, e logo o traballo que acaba sendo a nosa ficción. Quizás por iso gusta en determinados sitios e non gusta noutros.


Ten clara unha certa idea de cine?
Si que é certo que, non por dogmatismo, penso que o meu xeito de facer as cousas ten que ser un. Non son moi heterodoxo. Póñome moitas limitacións, e funciono moi ben poñéndoas. Non cambio de rexistro, e sempre volvo ao mesmo. Eu fixen tres curtas distintas, pero son historias que se se reducen a un esquema básico son moi similares todas. Tratan sobre o mesmo e hai recurrencias. Si que hai unha forma, agochada nalgún sitio.

5'0 (5 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>