Peregrina 2012
Xosé Manuel Budiño e Kepa Junquera dan o toque folk ás festas
18/08/2012 - Diario de Pontevedra (Pontevedra)
PONTEVEDRA. A música galega e a vasca viviron onte na Praza de España de Pontevedra unha fusión moi especial. O recoñecido gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño e o músico vasco Kepa Junquera presentaron o seu espectáculo ‘Jai Galai’ co gallo das Festas da Peregrina 2012.
A música dun pandeiro iniciaba a actuación dez minutos despois da hora prevista e pouco despois saía Budiño ao escenario tocando a gaita.
«¡Boas noites, Pontevedra! Espero que non volvan pasar dez anos sen vir ás festas», presentouse mentres tocaba o tema ‘Paralaia’.
Minutos despois era a quenda dunha melodía adicada ao seu avó, na que predominaba a frauta e saían dous bailaríns do grupo O Fiadeiro, de Vigo.
Con «¡Eskerrik asko! (gracias). Boas noites» aparecía Kepa Junquera, e os dous músicos comezaron a tocar xuntos.
O público, xa moi animado e batendo palmas, gozou dunha mestura de gaita, acordeón e ‘txalaparta’, un instrumento típico da música do País Vasco, consistente un tablón de madeira golpeado con catro paus. Ademais, interpretáronse cancións en euskera, que foron acompañadas por unha parella de baile.
A boa sintonía entre os dous músicos estivo presente ao longo de toda a noite, o que influiu moito no resultado final e a conexión co público.









