Manuel Abilleira Crespo. Canteiro homenaxeado

''O de canteiro é un oficio que é duro pero moi bonito; a min gustábame porque me distraía''


Etiquetas: Manuel Abelleira, canteiro

28/07/2012 - Diario de Pontevedra (Pontevedra)

Pasou case toda a súa vida entre a pedra. Manuel Abilleira Crespo recibe hoxe unha homenaxe na XII edición da Festa do Canteiro de Verducido, organizada pola Comunidade de Montes da parroquia. «Cando era un mozo traballei na terra pero escapaba da casa para aprender o oficio de canteiro», explica o galardoado

xa hai algún tempo que deixou de usar as ferramentas coas que traballaba a pedra. A profesión que elexiu Manuel Abilleira Crespo levouno a percorrer moitas localidades de España ata que cumpriu os 55 años, cando tivo que deixar o oficio de canteiro por problemas de saúde. Hoxe, con 78 anos, cumpridos o pasado 19 de febreiro, a parroquia de Verducido réndelle unha homenaxe na XII edición da Festa do Canteiro que organiza a Comunidade de Montes.

Traballou toda a súa vida como canteiro?

Pódese dicir que si porque aínda que era habitual que os mozos que naciamos nas parroquias nos adicaramos ás tarefas agrícolas, eu quería aprender a profesión de canteiro. Recordo que sempre que podía escapaba para aprender o oficio, que tamén era o de meu pai, Manuel. Tamén traballei como mecánico durante un ano, desde o 22 de novembro de 1955, cando ingresei no Exército para realizar o Servizo Militar (que fixen no Cuartel de San Fernando), ata que me licenciei.

En que lugares traballou a pedra?

Percorrín moitas localidades españolas como Madrid, Teruel, Albacete, Valencia, Barcelona, Tenerife, Ibiza e Santiago. Tamén estiven en Girona, onde traballei nos mosteiros de Santa María de Vilabertrán e San Pedro de Roda, e en Tarragona, no mosteiro de Santes Creus. O meu traballo estivo centrado nos monumentos nacionais

Pasaría moito tempo lonxe da súa casa...

En efecto, sobre todo nos primeiros anos de casado (casou con Julia, tamén veciña de Verducido, coa que tivo cinco fillos: María Luísa, Manuel, Bernardo, Juan e Carlos, case todos moi seguidos), pero había que traballar para gañar cartos para manter á familia. Case toda a miña etapa profesional desenvolvina na empresa Manuel Trigas Cons.

Era o de canteiro un oficio no que se gañaban cartos?

Cobrábase un bo soldo. Incluso pagaban as horas extras. Era un traballo duro pero a min gustábame e, ademais, distraíame moito.

 

Consiga AQUÍ la información completa

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos