Pontevedra

Destrozan varios cristais do paseo peonil que rodea a nova ponte das Correntes


Etiquetas: cristais, rotura, Ponte das Correntes

27/07/2012 - Diario de Pontevedra (Pontevedra)

PONTEVEDRA. Apenas un mes despois de ser inaugurada, a ponte das Correntes xa foi vítima das primeiras agresións. Segundo pudieron comprobar viandantes e condutores, varios dos cristais dos paseos peonís amaneceron estes días esnaquizados, probablemente a raíz de golpes consistentes.

Polo momento non trascederon datos sobre a autoría dos feitos, se ben é probable que fose tarefa de máis dun vándalo. Ao parecer, a rotura dos cristais non foi simultánea, senón que tivo lugar en diferentes xornadas e, á parte, está a consistencia do cristal.

Segundo informara a empresa adxudicataria, as pezas son extremedamente resitentes aos golpes, polo que tamén puideron utilizarse pedras ou algún obxecto contundente, como unha maza ou un bate.

O Concello terá, en todo caso, que proceder á súa reparación, o que incrementará unha vez máis o orzamento destinado á séptima ponte do Lérez: algo máis de sete millóns, dos que tres foron asumidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o resto polas arcas municipais.

3'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



4 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#4 Por antiburras 29-07-2012 13:42

Normal

Xa andan os bandallos da kaleborroka popularra atacando a Pontevedra e o seu patrimonio público. Lores vai ter que tomar serias medidas contra esta xentalla impresentable.


#3 Por Deberrito 28-07-2012 16:16

Normal

Non sabía que paseaban os cabestros por alí.


#2 Por Rapapeitos 28-07-2012 10:55

Normal

Aunque no estuve nunca de acuerdo con el PUENTE A NINGUNA PARTE, lo que me parece de autenticos gamberros o no sé como llamarle a los que destrozan el mobiliario urbano que al final sale de nuestros bolsillos.Igual que hay camaras de la policia para controlar el trafico, serian muy necesarias que tambien existiesen en puntos extrategicos como este.
Pasa igual con bancos, jardines etc. que se pisan o se destrozan solamente por el mero hecho de hacer daño.


#1 Por ZEUS 28-07-2012 02:09

Normal

Iso non esta nada ben, eu paseo as veces pola ponte, dende que non paso inda non mirara ningun esnacado, xa tampouco utilizo a parte de abaixo en ningun extremo da ponte, pois adueñaronse os SKATERS, pasando a toda velocidade como se so eles estivesen no camiño, mais nas fins de semana non sei si se fara algun botellon, habia que vixialo, pois a bebida igual leva a que algun cornudo envista contra eles. A os mocosos ou gamberros de medio pelo digolles que iso pagamolo todos, langras, diriavos que forades traballar, pero iso tamen esta jodido.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Cristal esnaquizado no paseo peonil que vai por debaixo da ponte. j.c-m.
Cristal esnaquizado no paseo peonil que vai por debaixo da ponte. j.c-m.