Pontevedra
Casalderrey acepta dous anos e tres meses de prisión por agredir á súa nova parella
27/07/2012 - Diario de Pontevedra (Pontevedra)
PONTEVEDRA. Dous anos e tres meses de prisión é o castigo que terá que cumprir José Manuel Torres Casalderrey, un veciño de Tomeza de 63 anos de idade, pola brutal malleira que propinou á súa parella en outubro do pasado ano.
Torres Casalderrey estivera en prisión previamente cumprindo condena polo asasinato da súa muller, en outubro de 1986, no seu domicilio de Tomeza.
A fiscal e a avogada do acusado chegaron a un acordo minutos antes da celebración da vista oral, prevista para onte no Xulgado da Parda, o que evitou que a vítima tivese que entrar na sala e prestar declaración sobre os feitos.
Grazas á negociación, Torres Casalderrey recoñeceu ante o xuíz agredir á súa parella e aceptou cumprir unha pena de dous anos e tres meses de prisión, así como o pago dunha indemnización á vítima de 4.500 euros en concepto de responsabilidade civil. Ademais, o maxistrado titular do Xulgado do Penal número 4 de Pontevedra prohibiulle «achegarse ou comunicarse» coa súa compañeira sentimental durante un período de catro anos e inhabilitou ao condenado a exercer o sufraxio pasivo durante o tempo no que permaneza en prisión.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.









