REPORTAXE

O número de centenarios galegos case se duplicou na última década


Etiquetas: avoa de Galicia, galegos, Galicia, centenarios

13/07/2012 - LV De Luns a Venres / Ana Conde

Os galegos son cada vez máis lonxevos. Así o indican os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), que revela que na comunidade hai 1.102 persoas maiores de cen anos, case o dobre das rexistradas en 2002, cando se contabilizaban 576.

Os datos do padrón tamén confirman o tópico de que elas viven máis ca eles, xa que dos actuais 1.102 centenarios galegos, 855 son mulleres e 247, homes.

Por provincias, as atlánticas son as que teñen os mellores índices de lonxevidade, xa que na Coruña viven 346 persoas de cen anos ou máis, mentres que 332 residen en Pontevedra. Pola súa banda, a provincia de Lugo conta con 217 centenarios entre os seus veciños e a de Ourense, con 207.

Con estas cifras, Galicia sitúase no quinto posto do ránking nacional de centenarios, que lidera Cataluña, con 1.651. Séguea na segunda posición Andalucía, con 1.606; na terceira Madrid, con 1.437; e na cuarta Castela e León, con 1.301. Pola contra, A Rioxa, con 86, e Murcia, con 140, son as dúas comunidades que menos poboación de máis de cen anos acolle. España contabiliza en total 11.276 centenarios.


A avoa de Galicia, de 110 anos, vén de superar unha pneumonía e só toma unha pastilla ao día


Francisca Barracel Fernández, nada no concello ourensán de Allariz o 18 de xaneiro de 1902, ostenta o título de avoa de Galicia e é a cuarta persoa máis lonxeva de toda España.
Desde hai un par de anos está encamada e deixou de falar, se ben o seu fillo, co que vive en Ourense, di que “mantén o coñecemento e entende todo o que se lle di”, como demostra o feito de que rexeita o pañal.

“Está así pola idade e tras unha dura intervención de estómago, pero non dá traballiño ningún, máis que estar pendente dela”, explica José, o seu único fillo.

Proba da boa saúde da que goza para a súa idade, a avoa de Galicia vén de superar, contra todo prognóstico, unha pneumonía. “O médico pensou que se quedaba e díxome que non valía a pena levala ao hospital, pero ela, a base de leite quente e uns sobres que lle deron, á semana estaba como nova. Había Francisca para rato; é de ferro”, afirma divertido José.
De feito, aos seus 110 anos a ourensá só toma unha pastilla para a tensión, e iso que, ao longo da súa vida, “traballo non lle faltou”, recorda o seu fillo.

Na súa aldea, Francisca traballou no campo e foi leiteira, indo coa burra todos os días a Allariz, a cuxa vila se trasladou no ano 1954 co seu home, do que enviuvou hai uns vinte anos.

Alí, rexentou un ultramarinos con servizo de pensión. “Levaba a tenda e os días de feira dabamos comidas, que tamén facía ela, ademais de ir lavar a roupa ao río e atender os cuartos”. Sociable e moi coñecida, José cre que a súa nai nunca se imaxinou chegar a esta idade, malia a boa xenética da familia, xa que tres irmáns supe-
raron os 90 anos e un, os 100.

3'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



2 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#2 Por L55 13-07-2012 14:09

Normal

Noraboa para esta centenaria,por chegar a esta idade con boa saúde e por estar coidada polo seu fillo ¡esto sí é unha atención integral da persoa! Por desgracia estamos gobernados por seres sen alma que recortan as axudas para os máis necesitados. As familias con maiores ou discapacitados deben ser as primeiras en ser amparadas por unha sociedade xusta. Desexo de todo corazón que aprendamos a lección e consigamos largar a estes incompetentes e desalmados que só miran ós cartos e non ás persoas.


#1 Por Martina 13-07-2012 14:02

Normal

xa veredes como cós recortes morren antes e ya os centerarios serán xente a exintinguir.!!!! e o Estado encantado. Yupi, unha pensión menos que pagar e nós mais cartiñós.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

José con súa nai, da que di que ''é moi boiña e non dá traballo ningún''. (Ramsés / AGN)
José con súa nai, da que di que ''é moi boiña e non dá traballo ningún''. (Ramsés / AGN)