CELTA
Paco Herrera abre a porta de saída a David Rodríguez
09/07/2012 - Galiciaé LV / Axencias
O adestrador do Celta de Vigo, Paco Herrera, asegurou hoxe que o dianteiro David Rodríguez pediu ao club que lle deixe saír este verán porque, segundo sinalou o técnico, o seu desexo é ter "máis minutos" que os que gozou a pasada tempada, unha explicación que Herrera dixo entender.
"Ao día seguinte de lograr o ascenso a Primeira, David solicitou ao club a opción de saír porque el cre que necesita xogar máis minutos, e a min paréceme ben, porque se cadra aquí non vai ser así", indicou Herrera en rolda de prensa.
No entanto, o técnico celeste manifestoU que a saída do atacante dependerá de que algún club presente unha oferta que satisfaga tanto ao xogador como ao club, "algo que de momento non se produciu".
Preguntado por se a chegada dO meta do Sevilla Javi Varas obrigará a buscar unha saída a Yoel Rodríguez ou a Sergio Álvarez, os dous porteiros da pasada tempada, o adestrador apuntou que "esa é a primeira idea, pero non ten que ser así ao cento por cento".
"Temos que ver se alguén quere aos nosos porteiros, porque se non é así non van saír. Non hai moitas prazas e non quero que un deles vaia a calquera equipo. Persoalmente, estaría encantado de ter tres porteiros dun grandísimo nivel", subliñou.
Finalmente, Paco Herrera desvelou que o futuro dos centrocampistas Dabi Abalo, que regresou tras finalizar a súa cesión no Gimnástic de Tarragona, e Jota valorarase "máis adiante".
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.









