SAN FERMINES
Atendidas preto de 400 persoas durante a fin de semana
08/07/2012 - Galiciaé LV / Axencias
Cruz Vermella e DYA atenderon xa no que vai de fin de semana de sanfermines a preto de 400 persoas por distintas patoloxías, á marxe das asistencias prestadas nos dous peches que se celebraron, segundo a información facilitada por ambas as organizacións.
Información relacionada
En concreto nos postos de Cruz Vermella que cobren o percorrido do peche esta mañá atendeuse a 80 persoas, ás que se suman outras tres de DYA en distintos valados, aínda que só dous necesitaron traslado a un centro hospitalario.
Ademais durante a fin de semana 153 persoas pasaron polo Centro de Primeira Atención de Cruz Vermella e nas últimas 24 horas os seus voluntarios asistiron a outras 123 na vía pública.
DYA pola súa banda atendeu desde as oito da mañá de onte ata a mesma hora de hoxe a 107 persoas das que 89 necesitaron traslado en ambulancia, entre elas 38 delas por intoxicacións etílicas e 10 por politraumatismos.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.









