Unha gran granizada causa danos en vehículos e casas de Pontevedra
29/08/2008 - (Pontevedra)
A inestabilidade atmosférica que afecta ás Rías Baixas provocou onte a última hora da tarde un forte granizada en diferentes puntos da provincia de Pontevedra, que colleu por sorpresa a peóns e condutores. As zonas máis afectadas foron a cidade do Lérez, Ponte Caldelas, Meis, Poio e Cotobade.
As pedras de xeo, de espectacular tamaño, que caeron sobre a comarca pontevedresa causaron importantes danos en turismos, vivendas e colleitas. O pedrisco abolou numerosos turismos estacionados na zona de Tafisa e outros puntos da cidade, como na parroquia de Campañó e Alba.
O fenómeno meteorolóxico tamén provocou problemas de tráfico. En Ponte Caldelas, a choiva de pedras sorprendeu aos asistentes ao ‘Lolapop'. Os veciños do lugar de Vilariño, en Poio, saíron á rúa, asustados pola tormenta. A saraiba causou danos en varios vehículos (roturas de cristais e abolladuras) e afectou a tellados de varias vivendas. Con anterioridade, todas as rúas do barrio pontevedrés de Campolongo e os seus arredores sufriron ao mediodía as consecuencias dun corte xeral na subministración eléctrica que durou máis de media hora.
O problema, cuxo orixe está aínda por determinar, iniciouse sobre as 15.45 horas da tarde e non se solucionou ata pasadas as 16.20 horas, cos consecuentes prexuízos xerados tanto nas casas particulares como nos negocios. Os máis afectados foron os establecementos de hostalería, que a esa hora estaban a servir comida e víronse obrigados a non admitir a máis clientes e ofrecer un servizo incompleto aos comensais que xa estaban sentados. Ademais, moitos tiveron problemas nos alimentos que gardan refrigerados.
A intensa tromba de auga caída onte, pero sobre a inesperada granizada, provocaron severos danos nos cultivos, moi especialmente nas vides.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#9 Por breogain 01-09-2008 08:33
Eu tampouco ollara cousa igual na miña vida, o tamaño do pedrizo era algo impresionante, fíxenlle unha foto có móbil a unhas que cairon pola zona de Lérez.
http://www.apontevella.com
Por certo, KAKO, supoño que no tema da Feira Franca e as "peñas" farán excepcións e non nos enviarán a todos a beber ao parque Rosalía de Castro, en tódalas vilas sempre hai excepcións cando chegan as festas grandes.
Saúdos
#6 Por KAKO 31-08-2008 13:53
Eso fue un castigo divino. Por cierto, ahara que han sacado el botellon del centro, piensan seguir autorizando las peñas alcoholicas cuando hay toros? Y la feira franca tambien? Molestan tanto o mas que el botellon, concretamente la feira franca es un botellon diurno.







