Ás de papel mollado

Datos de interés

  • Sábado 10.01.2009

Ás de papel mollado


Etiquetas: María Varela

María Varela.

Sen palabras. Co corazón encollido fronte ó televisor. Así quedamos cada vez que se repite a noticia. E xa van demasiadas este verán. Unha ecuación que todas as fins de semana se resolve do mesmo xeito: a mocidade, un coche de gran cilindrada, unha estrada secundaria, a madrugada, unhas veces o alcol, outras a velocidade, unha curva insospeitada, o exceso de confianza... ou a suma de todos os anteriores; un cóctel fatal que sempre remata afundido nun mar de bágoas, na desesperación de familias desfeitas e nunha estatística que arrouxa unha baixa tras outra no censo de rapaces novos galegos. Se a explosión da heroína fixo auténticos estragos entre a xuventude dos oitenta, son outro tipo de cabalos os que están a estrelar os soños das novas xeracións contra os quitamedos a velocidade de vertixe. Nin unha multa, nin a retirada dos puntos ou do carné de conducir son suficientes para convencer ós máis novos de que, por moito que o queiran, unha máquina sobre o asfalto real a douscentos quilómetros por hora nunca é controlable. E, incomprensiblemente, seguimos poñendo nas mans de nenos inexpertos e influenciables, con ganas de comer o mundo e vivir ó límite nunha caixa de mistos, unhas ás de papel mollado para que aprendan a voar. Sen facerlles entender sequera que o risco que asumen ó pisar o acelerador cos ollos pechados é tan alto como o ceo que queren conquistar.

12/08/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por SOUSAPOZA 15-08-2008 07:26

Normal

Siempre me llama la atencion el uso de la palabra "coche" en gallego. En portugues es "carro", y en Hispanoamerica tambien. Pareceria un castellanismo bastante gratuito.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre



Publi


Diario de Pontevedra
Rua Lepanto 5, Pontevedra · Tlfno: 986 011 100
Grupo El Progreso