O nadador olímpico Mao

Datos de interés

  • Jueves 20.11.2008

O nadador olímpico Mao


Etiquetas: MIguel Suárez Abel

MIguel Suárez Abel.

Nada lle agradaría máis a Mao ca participar hoxe no acto inaugural dos xogos olímpicos. El, que sempre ansiou dominar o mundo, tería a ocasión de comprobar que os seus soños non eran producto da súa megalomanía, senón o cumprimento do poder dun país inmeso e tenaz a piques de se converter no principal entre os grandes. Non lle importaría ter que esquecer consignas cravadas na conciencia dos cidadáns a ferro quente, políticas erradas e moitas absurdas, contradicirse mil e unha vez ou disfrazarse de Den Xiaoping: todo sería benvido con tal de aparecer diante do planeta coma o gran timonel que unificou o seu pobo, aínda que para iso fose preciso matalo de fame ou aniquilar a máis de 70 millóns de persoas. Por aparecer ás 8,08 do 8 do 2008 nas pantallas do universo o que daría Mao se del dependese ou puidese vender outra vez a súa alma ó demo. Por suposto que nada lle importaría negar que nos seus comezos se dedicou a tomar a terra dos bandidos facéndose cun exército a base de aplastar por medio do roubo, do secuestro e do asasinato; que aló onde ía, naqueles tempos, ocupaba colexios, templos e igrexias católicas; que dicía: “o poder emana do canón dunha pistola” e que felicitaba ós nenos por matar automáticamente ós reaccionarios. Non habería inconveniente para el en negar que durante moitos anos a súa úica estratexia económica foi a do saqueo, coitelada e incendio; que revolucionario auténtico coma el era adicto á comodidade, o seu maior pracer non facer nada e ler o que lle apetecese; que o benestar dos cidadáns nunca formou parte do seu programa político e que antes de ser o líder do PCCh foi o xefe dunha banda de foraxidos. O Mao amante das peonías, da poesía, das medidas de seguridade, das guaridas, das artes raposas, da frialade para dar ordes de execución; o indiferente diante dos nenos, o que utilizaba ás mulleres, o gran amante das concentracións de masas, o amigo de Stalin e de Nixon, o vello verde ó que se lle caían os ollos diante de Imelda Marcos, tódolos Maos mesturados darían os mellores anos da súa vida por aparecer hoxe diante do orbe inaugurando a cerimonia de máis pompa e proxección. El, o maior institucionalizador dos privilexios, que só permitía tres cousas iguais para todos: o sol, o aire e os retretes, estaría disposto a perder algún dos seus por gozar da gloria de chegar con vida e mando ó acontemento deste comezo de século. El, que por servir ó pobo, acabou por servirse do opio, dos socios de calquera tendencia, se ensañou cos campesiños, capaz de exportar comida mentres os seus compatriotas morrían de fame, nada o avergonzaría admitir que pasou dun país no que único millonario era el a outro no que proliferan os multimillonarios encadeados á polea dictatorial do partido. El, tan rumboso, que mentres os campesiños morrían de fame, resistindo a base de comer herbas, se permitiu unha porcentaxe de axuda ó exterior dun 6,92%, a fachenda coa que se presentaría agora diante do mundo... O país medrando por enriba do 10%, consumindo ata facer temblar as enerxías do planeta, constuíndo as infraestructuras máis grandiosas, presumindo de presas, edificios que bican as nubes, trens que atravesan miles de quilómetros a velocidades do raio, miles e miles de autoestradas, fabricas producindo para os lugares máis apartados, os líderes de tódolos países agardando audiencia para participar do pastel que suporá entrar a vender en tan xigantesco país. O que non daría o Mao lunático, o que quixo acabar coas catro pragas: os gorrións, as ratas, os mosquitos e as moscas. Se o tempo non fose cruel, se a vida, mesmo a dos dictadores, non esmorecese, Mao aproveitaría a situación actual para facer ver ós seus cidadáns e ó mundo que foi gracias ó seu lema: “ A producción o primeiro, a vida o segundo”, a clave do éxito deste momento. Faría crer que as fames negras do 58 ó 61 foron necesarias para este progreso, pois era certo que as mortes “conlevan vantaxes: serven para fertilizar a terra”. Nada o frearía para adapar o eslógan, aínda nos tempos de Den Xiaoping, de que “as hervas do socialismo eran mellores cás colleitas do capitalismo”. Se Mao chegase a hoxe, aínda que moi velliño, coma nos tempos nos que precisaba demostrar ó pobo que estaba en plena forma, optaría pola natación para convencernos a todos de que había líder para moitos anos e que a unión máis contranatura entre a férrea maquinaria dun partido totalitario e un capitalismo salvaxe é debida ós seus anos de aceirado, cruel e tolo poder. Por iso, se falla fixese, ademais de facer a poseía adecuada para a data, non tería incoveniente para nadar diante do mundo na flamante piscina olímpica. E aínda que para a súa tristeza non pode estar, si resisten moitos dos vermes velenosos dos seus anos no poder que , por desgracia, continuarán podrecendo no miolo da sociedade china aínda por ben anos.

08/08/2008

4'5 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre



Publi


Diario de Pontevedra
Rua Lepanto 5, Pontevedra · Tlfno: 986 011 100
Grupo El Progreso